TEMPADA CULTURAL DO MES DE DECEMBRO NO CENTRO SOCIAL DE CANGAS
DOMINGO 2 AS 7 DA TARDE
MUSICA: a cargo das Cantareiras de ALESANCIA das Anzas de Ribadeo
SABADO 8:
Día da Concepción no barrio de Rivela, a 1 da tarde misa cantada po lo coro Os Castros de Cangas e a continuación procesión.
Po la noite festa ni Centro Social co a orquestra GRAN PARADA
DOMINGO 9 AS 7 DA TARDE:
TEATRO: a cargo da compañía Casahamlet da Cruña co a obra O FIDALGO, director Manuel Lourenzo.
DOMINGO 16 AS 5 DA TARDE:
Misa na igrexa parroquial na honrra do vecinos finados na parroquie e cantada po lo Coro Os Castros de Cangas, e posterior ofrenda floral.
As 7 da tarde TEATRO: co a obra AS VERBAS DO RAMO, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro e interpretada po lo BATAN de Cangas en homenaxe os 100 anos do pasamento de Leiras Pulpeiro.
DOMINGO 23 AS 7 DA TARDE:
CONCERTO DE PANXOLIÑAS: interpretando villancicos e cantigos de nadal po lo Coro Parroquial de Cangas, Coro de Galdo, Coro Vorxe das Dores de Ferreira e Coro Os Castros de Cangas.
DOMINGO 30 AS 7 DA TARDE:
TEATRO: Co agrupación A Maseira de Alfoz e o Valadouro representando a obra DIÑEIRO NEGRO, dirixida por Pepe Peinó.
Toda a programación está organizada po la C.M.V.M.C. de Cangas






















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



