O pleno do alcalde. Pleno de insultos
O alcalde protagonizou un pleno cargado de insultos, evasivas, menosprecios e tópicos contra os integrantes do grupo municipal do PP. Insultou pero non deu respostas, menospreciou o traballo dos concelleiros recurrindo a tópicos que ten que enviar máis ben a outros políticos, noutros lares, evitou respostar a preguntas directas sobre temas directos poñendo en dúbida o interés das preguntas e o trasfondo das respostas. E todo esto fíxoo sen responder, sen dar explicacións sobre o que se lle preguntaba, desviando o interés as preguntas contra temas e tópicos que son máis titulares de xornais de épocas pasadas que de políticas presentes.
Fixo burla dos representantes do PP fotografiados cos “vellos gagás do Asilo” (dixo textualmente); chamou hipócritas ós concellieros que pedían unha rebaixa (conxelación) dos impostos e taxas municipais; tildou de franquistas ós que lle preguntaron polos erros cometidos na presentación da documentación dos obradoiros que non concederon a día de hoxe…. Agarrado ó micrófono como símbolo da incómoda verdade pediu que constara en acta o que el consideraba que eramos por todo aquelo que faciamos.
Pois ben, o que os representantes do partido popular de Ribadeo, os catro concelleiros municipais fixeron no pleno do luns 19 de novembro foi:
Absterse na modificación das taxa T 6 (reguladora das terrazas…) porque xa dixeramos no pleno correspondente que era necesario unha diferenciación de rúas e outros matices.
Absterse na T 26 (reguladora da concesión da piscina municipal), por considerar que a suba do IPC que a empresa que detenta os servizos da piscina non aporta ningunha mellora a dito servizo;.
Apoiar a modificación da zona Azul-ORA xa que foi unha petición deste grupo no pleno no que se tratou por vez primeira; apoiar e agradecer a doazón efectuada por dona Matilde González Gómez, viuva de don Daniel Cortezón Álvarez engadindo ademais a necesidade de que a biblioteca mellore os distintos aspectos, espazos e recursos que unha biblioteca da súa categoría e fondos (a 2ª da provincia) debe lucir.
Sobre a moción presentada polo Bloque sobre os desfiuzamentos absterse por considerar que a moción resultaba extemporánea xa que as medidas propostas xa foron aprobadas polo goberno do Estado co apoio do PSOE, e por tanto a proposta do Alcalde e do BNG só responde ao desexo de acadar titulares na prensa pero sin maior análise ou solución do problema.
O alcalde introduciu con carácter de urxencia dúas mocións máis, unha do seu partido sobre o uso das bicis na Ponte dos Santos e outra do PP sobre a conxelación e modificación de impostos, taxas e precios públicos municipais. Abstivémonos na primeira por considerar a petición válida pero non confrontada á lei, se ben consideramos que hai un respaldo de colectivos ciclistas que piden arranxos non é esta razón suficiente para tramitalo con urxencia no pleno sen contrastalo coas normas vixentes, que poderían expor ós ciclistas a males maiores, ademais hai mocións con temas tan importantes que dormitan o soño dos xustos agardando polo querer do alcalde (accesibilidade, catedrais,…). E defendimos a Moción sobre os Impostos e taxas municipais presentada polo noso partido porque entendemos que era este o momento no que o equipo de Goberno debíase de comprometer co Pobo no senso de garantir que no ano 2013 non haberá suba de impostos nin de taxas municipais, proposta que foi rexeitada co que nada garante que nos vindeiros días dende o Concello se anuncie unha suba destes tributos; pero igualmente foi rexeitada polo BNG a nosa proposta pola que pedíamos que se aprobara a bonificación dunha serie de impostos e taxas municipais xustificada na necesidade de promover nalgunha medida o desenvolvemento local; pero o que para nos era o aspecto máis importante da nosa moción, e que tamén foi rexeitado polo BNG, é a proposta de establecer no Concello o chamado IBI SOCIAL, destinado a subvencionar ou condoar, no seu caso, o pago deste imposto para aqueles contribuíntes en situación de especial risco, asi como o establecemento da posibilidade de pago fraccionado deste imposto…. Propostas todas que, lonxe de caer na demagoxia, tórnanse en realistas e posibles, dada a situación equilibrada das arcas municipais (ao decir do Sr. AlCALDE e dos infomes do concelleiro de economía), e coas que se busca contribuír nalgunha medida a facer menos gravosa a carga fiscal que pesa sobre os nosos veciños, e impulsar o desenvolvemento local da nosa vila…
Na rolda de rogos e preguntas, esta calidade do alcalde foi a máis, e ás preguntas dos concelleiros foi acrecentando o seu nivel de improperios e insultos falando das fotos en compañía dos «vellos gagás do Asilo», acusando de hipocresía as peticións de conxelación de impostos, ou definindo como franquistas os modos e preguntas sobre a pouca dilixencia á hora de presentar a documentación dos obradoiros de emprego. Obradoiros que por certo sí foron concedidos a concellos da mesma cor política que a do alcalde.
Preguntamos tamén pola situación da reclamación levada a cabo pola Asociación de Montes veciñais en Mancomún do Monte Cordal, e que quedou «sobre a mesa tecnicamente» no pleno do 17 de setembro, e que sigue, 2 meses despois, no mes lugar á espera dos informes solicitados polo concello ós técnicos da Deputación de Lugo. Igualmente interesámonos polas actuacións que o Concello está a levar a cabo para esixirlle á Asociación Ponte dos Santos a reclamación de danos e perxuízos polos destrozos ocasionados nas vidrieiras do cemiterio, ao que se nos informou que o Concello non tiña feito nada ó respecto (ou sexa, está a mirar para outro lado); e nesta mesma rolda de preguntas e rogos interesámonos polas xestións que o Alcalde tiña feito en defensa dos veciños afectados polo gaseoducto, ao que novamente se nos respondeu que nada.
Á pregunta de por que non solicitaron unha subvención á Xunta para a formación e información á inmigrantes, simplemente respostaron que parece ser que dubidaban dos requisitos dalgunha condición esixida. Entre as que se deixan de pedir e as que corren o risco de que non se concedan teñen campo ded argumentación para sentirse «desfavorecidos».
Fíxoselle tamén unha pregunta sobre si vai cobrar a PAGA EXTRA, ao que respostou que si consegue pagarlla aos funcionarios el tamén a cobrará, porque non pensa renunciar a ela como sí renunciaron 51 alcaldes e os 13 deputados provinciais do PP de Lugo.
Nada tivo que engadir no rogo do grupo municipal de que trasladara á Escola de Música, ós seus profesores e profesoras e ós seus directivos, a noraboa por manter durante case 20 anos (desde 1993) unha oferta cultural e un servizo social importante nestes tempos, e por lograr tamén un espazo musical e educativo de primeiro orde lonxe por fin doutro tipo de motivacións.
Non quixeron secundar a proposta da Comisión Provincial da Muller do PP de Lugo de colocar no Día Internacional contra a Violencia de Xénero (o vindeiro domingo 25 de novembro) un lazo malva nas fachadas dos edificios oficiais e colocar un libro de sinaturas para que a xente poida rexistrar frases de condea contra os actos que atenten contra a integridade, a liberdade e a vida das mulleres por considerar que xestos dun día non logran nada, … sin embargo hoxe publican un longo texto con foto de reunión e con carteis do partido ó fondo ligando o aumento das agresións ás políticas actuais do partido no goberno, e sobre esta proposta dicen que «coa colocación de lazos lilas e recollida de posicionamentos de repulsa contra esta violencia nun día ao ano non se amaña nada nin soluciona ningún problema e mais ben parece unha ocurrencia para saír nos medios que ademais é copiada». Non necesita ser orixinal, abonda con que veña de quen veña, sexa unha proposta seria, consecuente e necesaria que sí é secundada pola Subdelegación do goberno, pola Delegación da Xunta de Lugo, pola propia Deputación e por outros moitos concellos de tódalas cores e condicións.
Ningunha das intervencións de ningún membro do grupo municipal do PP, ningunha das súas propostas, ningún rogo e ningunha pregunta contiñan insultos, menosprecios nin desprecios para o resto da corporación, porque traballamos dende a educación e o repeto persoal e institucional. Incluso no ano e medio deste lexislatura compartimos, coincidimos e secundamos iniciativas e propostas que fixeron cruxir mentes atávicas.
Lamentamos estas condutas impropias, e nada no levado a cabo no concello polos actuais representantes do PP no concello de Ribadeo xustifica o trato dado polo alcalde, e demostra, e demostrará, que cando un non ten argumentos ou razón sae polo tópico esquivo, a evasiva fácil e a negativa a dar resposta por falta de argumentos, que é en sí o meollo desta actitude.
O grupo municipal do PP ten demostrado xa ó alcalde e ó resto da cidadanía que antepón os intereses dos cidadáns a outros intereses, e xustifica as súas posicións con argumentacións que xa lle pesaban ó alcalde desde fai tempo cando dicía que «para non estar dacordo non facía falla vir con alforxas tan cargadas». As nosas posicións e ideas gustan de estar fundamentadas; acertados ou equivocados mantemos o noso criterio en liña racional, e, como non podería ser doutra forma nun estado democrático, discrepamos e discreparemos con toda a nosa razón de ser cando se pida a nosa opinión sobre algo. Houbo moitos temas nos que o pensar e o sentir do noso grupo coincidiu co do alcalde e ningún de nos rasgou as vestiduras por tal cercanía ou comprensión. Os camiños da tolerancia se entenden desde esta perspectiva pero non as admiten desde eles cara a nos. Os insultos, menosprecios e tópicos que todos estes “tolerantes” políticos nos queiran arroxar chocarán contra o criterio do respecto político pola nosa parte e da nosa función como oposición construtiva.
Non pretendemos dar unha lección de política, nin somos quen para facelo nin é misión nosa facelo, pero o que sí levamos dando desde o comezo da lexislatura é un exemplo político cara a cidadanía e cara a propia corporación, e este concepto de responsabilidade seguiremos levándoo a cabo a pesar da incomprensión duns e dos insultos doutros.