XIRO Á ESQUERDA CON IDENTIDADE GALEGA
“Ábrese un tempo de reflexión” foi unha das frases citadas no discurso do secretario xeral do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez, despois dun dos peores fracaso electorais colleitado nunhas eleccións autonómicas .Agora, non só se debe buscar culpables e quedar niso , se non atopar solucións de calado que volvan a ilusionar aos cidadáns.
A gran necesidade nestes momentos é fixar unha identidade común, da que carece, e tan necesitado está o partido, e o que é mais importante, a que demanda un electorado cada vez mais desenganchado do partido socialista galego. Teñen que volcarse cos nosos ideais a través de mensaxes cunha soa voz e ben definidos defendendo a nosa comunidade; posuímos un idioma propio, agás nunha provincia somos bañados polo mar que dá sustento a moitas familias, dispomos de recursos naturais para aproveitar, que á súa vez xeneran postos de traballo a través da gandería e o agro. Resumindo teñen que ser mais galegos ca nunca e mirar polas prioridades do noso pobo.
Unha mensaxe de traballo seria plasmar o total desacordo con determinadas políticas feitas pola dereita nestes últimos tempos.Un exemplo do que están a facer os que agora gobernan é que levan á xuventude a emigrar coma fixeron os nosos ancestros. A nosa obriga é defender as raíces propias e ficar aquí loitando por un futuro, abrindo Galicia para o mundo. Pero temos que ter as mans desatadas deste tipo de políticas e necesitamos un partido socialista que apoie estas reivindicacións para favorecer o bo desenvolvemento da comunidade galega.
Para que todo isto funcione o engranaxe do partido, debe ser engraxado continuamente con consultas á sociedade galega .Aquí entra en xogo un dos pilares dun grupo político que son as agrupacións locais. Delas parte todo por ser quen está mais en contacto diario cos problemas da xente e funciona a súa vez coma representación social dunha parte da cidadanía .Agora ben a estas entidades municipais do partido tamén se lles debe esixir un rendemento ou unha planificación de ámbito local como tal. Podendo chegarse a unir forzas de xeito comarcal ou provincial nalgúns proxectos de alto custe con intereses comúns para os cidadáns. A posteriori teñen que estar respaldadas polo partido senón o seu traballo resulta en balde.
Por outra banda, nestes comicios, a abstención pasou a ser outra das incógnitas máis importantes a ter en conta a hora de plantexar calquera ciclo electoral. Está a marcar todas as campañas electorais dos últimos tempos. Todos debemos tomar nota e corrixir erros nos distintos escalóns do partido, para que a tendencia a desconfiar dos políticos e dos seus respectivos grupos de traballo se vexa mermada, e pouco a pouco recuperar a confianza do electorado. O PSDG-PSOE está na obriga de recuperar á xente descontenta e dicirlles, que hai cabida no seu partido con enfoques novos e con pensamentos vinculados a nosa terra.
Jorge Díaz Freije



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



