A.C.I.A.L. Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos de Lourenzá.
FESTA DE FIN DE ANO EN VILANOVA DE LOURENZÁ
A A.C.I.A.L. organiza unha festa para dar a benvida ó aninovo en Lourenzá a noite do 31 de decembro despois das uvas. O evento dará comezo a partir das 00:30 horas no recinto feiral.
A organización do evento, que vén de conseguir as autorizacións necesarias para a celebración prevista concedidas pola Consellería de Presidencia, está ultimando os detalles na procura de que sexa unha gran noite para todos os asistentes. A festa estará amenizada dende primeira hora polo GRUPO AMENCER que dará paso á DISCOTECA MÓBIL. En canto ós servizos ofrecidos contan con reserva de mesa (con botella de cava de regalo) gardarroupa, photo-call para aqueles que desexen inmortalizar a súa entrada no 2013 e antes do remate poderanse degustar churros con chocolate e callos.
A entrada, que se pode adquirir por anticipado en diversos establecementos colaboradores da comarca, dará dereito á participación nun sorteo de varios lotes de Nadal doados polos comerciantes do concello, así coma a unha bolsa de cotillón.