O domingo 23 de decembro, a partir das 17.00 h, Papá Nöel andará por Trasbar e parará a merendar con nós no Local Social de Trasbar. Prepararemos unha merenda para os/as nenos/as (socios e non socios) mentres agardan pola visita de Papá Nöel que seguro que traerá algún agasallo para eles!!! Poderán tamén sacarse unha foto con el a carón da árbore que colocamos o pasado venres 14, adornado con elementos elaborados polos veciños no taller realizado esa mesma tarde.
