O domingo día 16 de decembro a Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto rematar a tempada facendo unha ruta na Fonsagrada de 6 quilómetros e dificultade baixa. O prezo para os socios é de 25 € e de 30 para os non socios e inclúe autobús e xantar (cocido típico da Fonsagrada). Anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do venres día 14.
Ruta por Fonsagrada de Pasada das Cabras
Ruta por Fonsagrada de Pasada das Cabras
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia