GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE A VISITA A BURELA DE RAQUEL ARIAS DEMOSTRA O COMPROMISO DA XUNTA CON ESTE CONCELLO. O ALCALDE AGARDA QUE O GOBERNO GALEGO LLE SIGA A CONCEDER AXUDAS NESTE 2013 PARA A FORMACIÓN DE DESEMPREGADOS E PARA A CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.
Burela, 29 de xaneiro de 2013. O obradoiro de emprego Faro de Burela IV recibiu hoxe a visita da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que esto demostra o compromiso da Xunta con Burela e agarda que o goberno galego lle siga concedendo axudas ao Concello neste 2013 para a formación de desempregados e para a posible creación de postos de traballo.
O rexedor lembrou que “hai aproximadamente un mes poñíase en marcha o obradoiro de emprego Faro de Burela IV, destinado a formar a quince desempregados en materia de axuda a domicilio. Estas persoas están a cobrar un salario duns 700 euros. E tamén se crearon tres postos de traballo como monitores”. González Barcia subliñou que “o investimento total no obradoiro é de 133.000 euros, que xunto cos que a Xunta nos leva concedido durante o 2012 elevan a practicamente 475.000 euros os cartos que o goberno galego lle transferiu ao Concello de Burela ben para formación de persoas desempregadas ou ben para a creación de emprego”.
O alcalde burelés dixo tamén que “no 2012 tivemos a doce persoas contratadas para o Grumir, tres para o Grumir estable, se contrataron oito socorristas… se crearon postos de traballo con carácter temporal, iso si, e ademais se deu e se está a dar formación a un total de 75 persoas, 60 delas a través de catro cursos impartidos no último cuatrimestre do ano pasado, e estas quince persoas que asisten ao obradoiro de emprego Faro de Burela IV”.
José Mª González Barcia sinalou que “os alumnos traballadores están a aproveitar bastante ben o curso, segundo os seus monitores estas quince persoas están moi comprometidas co que están a facer e nós entendemos que é un bó paso para que, nun nicho de emprego como pode ser a axuda domiciliaria, se formen e poidan atopar emprego. Cando rematen o curso terán ademais do título o denominado certificado de profesionalidade que lles garante ás empresas que as persoas en posesión dese título teñen recibido a formación correspondente”.
O rexedor valorou de xeito positivo a visita cursada hoxe ao obradoiro de emprego Faro de Burela IV pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, “para nós é unha satisfacción que estea aquí. Representa o compromiso do goberno galego coa labor que se está a facer en materia de formación a desempregados desde o Concello de Burela”.
González Barcia confía que “durante o 2013, tendo en conta que a traxectoria do Concello de Burela en materia de formación de desempregados data xa do ano 1996, foi éste un dos principais centros de formación ocupacional homologados pola Xunta de Galicia… tendo en conta os nosos antecedentes e o noso bó facer, entendo eu, nesta materia que se continúen dando axudas para a formación de persoas desempregadas e para a posible creación de postos de traballo”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



