No Pleno que se vai celebrar esta semana en Burela, dende o BNG imos presentar tres mocións sobre tres temas importantes e dos que o PP de Buela non di nada. Son: os orzamentos da Xunta con respecto a Burela, o servizo de Teleasistencia domiciliaria e, en terceiro lugar, todo o relacionado co salvamento marítimo e os seguros da xente do mar.
En primeiro lugar, o proxecto de orzamentos da Xunta de Galiza para Burela neste ano 2013 é un fiel reflexo das políticas de parálise total do goberno popular do sr. Feijoo. E o PP de Burela nada di. Dúas actuacións básicas e fundamentais para nós aparecen cun orzamento ridículo: o acceso ao porto (que nos orzamentos de 2012 prevía para o ano 2013 un investimento de 1,5 millóns de euros e que agora só está dotado con 240.000 €; é dicir, non é intención do goberno galego do PP acometer dunha vez e por todas esta obra de tan vital importancia para a nosa vila) e actuacións diversas no Hospital da Costa (dotadas con algo máis de 300.000 € en equipos e só 50.000 € en reformas). E para nada se fala nestes orzamentos da Xunta doutras actuacións que tamén son importantes para Burela: o dragado e limpeza do encoro de Rúa, unha nova EDAR, a necesidade de vivendas protexidas ou un novo polígono industrial. E isto é o que nós pedimos na nosa moción: aposta decidida polo acceso ao porto e o Hospital da Costa, o dragado e limpeza do encoro de Rúa, o inicio dos trámites para un novo polígono industrial, a construción de vivendas protexidas no solar cedido polo Concello á Xunta e construción dunha nova EDAR para Burela.
En segundo lugar, o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, que en Burela atende a 19 persoas maiores para asegurarlles un contacto permanente co seu entorno familiar e unha intervención inmediata de especialistas en caso de emerxencia, viu alterado o seu financiamento por parte do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que retirou toda a súa aportación a este servizo. Ata agora o Ministerio aportaba o 65% do seu financiamento e as deputacións provinciais o 35% restante. Pero agora, o goberno do Estado non vai aportar nada de nada. A Deputación Provincial de Lugo, asumindo a necesidade de mantemento deste servizo, remitiu unha proposta de acordo aos concellos da provincia para o financiamento do servizo no que incrementa a dotación orzamentaria destinada polo ente provincial do 35% ao 50% e propón aos concellos que asuman o 50% restante; esta iniciativa logrou a permanencia do servizo e que todos os concellos da comarca mariñá, incluído Burela, asinaran esta proposta. Pero non podemos permitir que o Estado faga deixadez das súas obrigas e, por iso, solicitamos na nosa moción que o Ministerio rectifique a súa posición ou que, no caso de persistir na súa negativa, sexa a Xunta de Galiza a que habilite unha partida para este fin. Porque non se pode cargar todos os custos sociais nos concellos que, cada vez máis, ven reducidos os seus ingresos e incrementados os seus gastos porque o Estado e a Xunta pasan das súas obrigas.
E, por último, presentamos unha moción que vai referencia a un tema tan vital como é o salvamento marítimo, algo do que en Burela, por desgraza, sabemos moito. Nós pedimos que a Xunta de Galiza anule o decreto que aprobou para cobrar pola actuacións de salvamento marítimo que realicen helicópteros, embarcacións, vehículos e persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza. O salvamento de vidas humanas no mar pasa, así, a se converter nun mero negocio porque se establecen tarifas de cobro para os buques pesqueiros que precisen de asistencia, aínda en risco de afundimento. Pedimos tamén que se rescate a venda dos helicópteros de salvamento marítimo “Pesca I” e “Pesca II”, devolvéndoos á súa titularidade pública galega, e garantindo o cumprimento dos tempos de resposta establecidos (máximo de dez minutos) as 24 horas dos 365 días do ano, a través do sistema de gardas presenciais na base, coas tripulacións precisas para o cumprimento deste cometido legal. E pedimos, igualmente, que se recuperen o “Seguro Colectivo de Accidentes no Mar” e o “Seguro do mal tempo” e se garanta o envío dun buque de apoio loxístico e asistencia sanitaria á frota pesqueira que se desprazará á vindeira campaña do bonito do 2013.
En resumo, cremos que investir en Burela no acceso ao porto, no Hospital, nunha nova EDAR, en vivendas protexidas, nun novo polígono industrial ou na calidade da nosa auga é o menos que debe de reclamar o Concello de Burela á Xunta de Galiza para este ano 2013.
Cremos que atender as 24h. do día, os 365 días do ano, os nosos maiores coa Teleasistencia Domiciliaria é algo ao que non podemos renunciar e, polo tanto, o goberno do Estado non pode lavarse as mans e pasarlles o gasto aos concellos.
E cremos tamén que coa vida das persoas que traballan no mar non se pode xogar nin escatimar recursos, privatizando o salvamento, cobrando polos labores de salvamento ou sacándolles os seguros vitais para a súa pervivencia socio-económica.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



