O BURELA FS PECHA A INCORPORACIÓN DO ALA ISI
O Burela FS Pescados Rubén formalizou esta mañá a última incorporación do mercado de inverno, o ala Isidoro Garrido Luque, máis coñecido como Isi, procedente das filas do actual campión húngaro, Raba Eto Gyor. As instalacións de Pinturas Xurxo, en Foz, acolleron a presentación do andaluz, que estivo arroupado polo presidente burelista, José Ramón González Casas, e o xerente da empresa patrocinadora, Jorge Rodríguez.
No punto de mira do novo ala laranxa, “feliz co regreso ao fútbol sala español”, xa se atopa o Marfil Santa Coloma, con todos os sentidos postos en conseguir os tres primeiros puntos esta semana. “Xa tiña ganas de volver a España; estou máis cómodo aquí. A experiencia en Hungría foi moi satisfactoria; o mercado en España non atravesaba un bo momento no verán e o técnico Marcos Angulo depositou en min a súa confianza. Non obstante, cando recibín a oferta do Burela FS, cun proxecto serio e ilusionante, non dubidei” argumentaba deste xeito Isi os motivos que o levaron a decidirse pola entidade burelista.
O novo laranxa, co 7 ás costas, confía en contribuír ao bloque “sobre todo, con competitividade defensiva, pero tamén sumando na faceta ofensiva“. “Polo que puiden observar no meu primeiro contacto co equipo resulta sorprendente a posición na táboa; realízanse adestramentos moi ben traballados e hai bo ambiente no grupo; os reforzos de inverno axudarán a reactivar o equipo en ilusión, motivación e metas”. “Entre todos podemos cambiar a dinámica” asegurou Isi.
Dende o club, o presidente deulle a benvida ao xogador, que pon o punto e final aos movementos burelistas, destacando “a súa dilatada experiencia na máxima categoría e seu carácter polifacético sobre a pista”.
Isi (Córdoba, 1983), ex do MRA Navarra (2010-12), recala na Mariña dende o Raba Eto Gyor, campión de liga e supercopa en Hungría, co que disputou a UEFA Futsal Cup. Dende os inicios en Verín (2002-03) e RAM León (2003-04), pasou polo MM Pérez Bujalance (2004-08) para dar o salto ao honorable Gestesa Guadalaja (2008-10).
Co ala cordobés son catro os protagonistas da reestruturación invernal do Pescados Rubén para cumprir co soño de asentarse na máxima categoría. O pivote brasileiro Cesinha xa gozou de minutos nas dúas últimas xornadas, lonxe de Vista Alegre; o seu compatriota, o ala zurdo Silva, aínda sen debutar, volve hoxe aos adestramentos tras unha lumbalxia. Con disposición inmediata para estrearse de laranxa está o revolucionario pivote Matamoros, que acaba de aterrar na disciplina mariñá desde o Inter Movistar.
El BURELA FS CIERRA LA INCORPORACIÓN DEL ALA ISI
El Burela FS Pescados Rubén ha formalizado esta mañana la última incorporación del mercado de invierno, el ala Isidoro Garrido Luque, más conocido como Isi, procedente de las filas del actual campeón húngaro, Raba Eto Gyor. Las instalaciones de Pinturas Xurxo, en Foz, acogieron la presentación del andaluz, que estuvo arropado por el presidente burelista, José Ramón González Casas, y el gerente de la empresa patrocinadora, Jorge Rodríguez.
En el punto de mira del nuevo ala naranja, “feliz con el regreso al fútbol sala español”, ya se encuentra el Marfil Santa Coloma, con todos los sentidos puestos en conseguir los tres primeros puntos esta semana. “Ya tenía ganas de volver a España; estoy más cómodo aquí. La experiencia en Hungría ha sido muy satisfactoria; el mercado en España no atravesaba un buen momento en verano y el técnico Marcos Angulo depositó en mí su confianza. Sin embargo, cuando recibí la oferta del Burela FS, con un proyecto serio e ilusionante, no dudé” argumentaba de este modo Isi los motivos que lo han llevado a decidirse por la entidad burelista.
El nuevo naranja, con el 7 a la espalda, confía en contribuir al bloque “sobre todo, con competitividad defensiva, pero también sumando en la faceta ofensiva”. “Por lo que he podido observar en mi primer contacto con el equipo resulta soprendente la posición en la tabla; se realizan entrenamientos muy bien trabajados y hay buen ambiente en el grupo; los refuerzos de invierno ayudarán a reactivar el equipo en ilusión, motivación y metas”. “Entre todos podemos cambiar la dinámica” aseguró Isi.
Desde el club, el presidente le dio la bienvenida al jugador, que pone el punto final a los movimientos burelistas, destacando “su dilatada experiencia en la máxima categoría y su carácter polifacético sobre la pista”.
Isi (Córdoba, 1983), ex del MRA Navarra (2010-12), recala en A Mariña desde el Raba Eto Gyor, campeón de liga y supercopa en Hungría, con el que ha disputado la UEFA Futsal Cup. Desde los inicios en Verín (2002-03) y RAM León (2003-04), pasó por el MM Pérez Bujalance (2004-08) para dar el salto al honorable Gestesa Guadalaja (2008-10).
Con el ala cordobés son cuatro los protagonistas de la reestructuración invernal del Pescados Rubén para cumplir con el sueño de asentarse en la máxima categoría. El pívot brasileño Cesinha ya ha disfrutado de minutos en las dos últimas jornadas, lejos de Vista Alegre; su compatriota, el ala zurdo Silva, aun sin debutar, vuelve hoy a los entrenamientos tras una lumbalgia. Con disposición inmediata para estrenarse de naranja está el revolucionario pívot Matamoros, que acaba de aterrizar en la disciplina mariñana desde el Inter Movistar.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
