O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Director de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías do organismo provincial, Pablo Rivera, presentou esta mañá unha nova iniciativa tecnolóxica que a institución lucense pon en marcha co fin de combater a fenda dixital e facilitar que os veciños da provincia coñezan e aproveiten os beneficios da utilización das TIC. O proxecto, que mañá será aprobado pola Xunta de Goberno, consiste na dotación totalmente gratuíta de novos espazos wifi ós 49 Concellos da provincia de todas as cores políticas que, voluntariamente, se adheriron ó programa Innova-TE. A Unión Europea financia ó 80% os traballos, que conta con un orzamento de 215.000 euros.
Besteiro avanzou que os traballos darán comezo nuns dous meses tras rematar os trámites administrativos previos. Crearanse 3 puntos wifi en cada municipio, 2 nas prazas consistoriais e 1 máis no interior dos propios edificios, cunha velocidade de 256 Kas por segundo, que é a velocidade máxima legal permitida ás administracións públicas.
Isto facilitará que os usuarios destes puntos wifi accedan de xeito inmediato e dende calquera dispositivo móbil (ordenador, PDA, portátil ou teléfono) a espazos web coma páxinas institucionais, redes sociais ou correos webmail.
Pola súa banda, Pablo Rivera recalcou a boa acollida que este tipo de servizo ten entre a cidadanía, poñendo como exemplo o propio acceso wifi que a Deputación puxo en marcha hai un ano na praza e nos xardíns de San Marcos. Rivera explicou que, dende entón, unhas 54.000 persoas utilizaron a rede, cunha media diaria de 150 usuarios, o que pon de manifesto ou seu éxito. Rexistráronse entradas en 8,5 millóns de espazos web, con unha media de 23.000 páxinas ó día.
Concellos adheridos ó Innova-TE
Os municipios que se sumaron ó programa Innova-TE son os seguintes: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



