“O Clube de Remo CELEIRO, participa no Campionato Galego de Remo Indoor que se celebra mañá domingo 20 de xaneiro no pabillón da Malata de Ferrol”
Trala volta a competición oficial do Clube o pasado 15 de decembro, no Campionato Provincial de Remo Indoor, logo de máis de dez anos de inactividade, cun retorno exitoso, que supuxo tres terceiros postos, nas categorías cadete, xuvenil e senior. Os de Celeiro, preséntanse ao Campionato Galego de Remo Indoor, con optimismo e co obxetivo de rematar a proba nos postos altos da clasificación.
O clube celeirense, adestrado por Marcos Peña, partipará no Campionato, tanto individual como en equipo, que se desenrolará durante toda a xornada do domingo, e que está organizada polo Club de Remo San Felipe de Ferrol e a Federación Galega de Remo.
No turno da mañá, no torneo individual, participarán 2 remeiros de categoría infantil, 1 remeiro de categoría cadete, 2 de categoría xuvenil, 2 na categoría de remo veterano e un remeiro de categoría senior en remo adaptado.
En canto a categoría por equipos, que se desenrolará na xornada de tarde , o clube celeste, participará cunha tripulación de categoría cadete, e dúas tripulacións de categoría xuvenil.
Así mesmo, as e os siareiros do Clube, poderán seguir todas as incidencias e resultados da xornada a través da informacion directa na páxina oficial de Facebook do Clube de Remo Celeiro, na dirección www.facebook.com/clubederemoceleiro.