ALUMNOS DO CEIP VIRXE DO CARME ASISTEN ESTA SEMANA A CHARLAS SOBRE O AFORRO DE ENERXÍA NOS CENTROS DE ENSINO E TAMÉN NOS SEUS FOGARES. A ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POR GAIA E A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
Burela, 28 de xaneiro de 2013. Durante esta semana os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme participan en actividades programadas polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia en materia de
educación ambiental, concretamente nunha charla sobre o aforro de enerxía nos centros de ensino e nos seus fogares.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, explicou que “a través destas charlas preténdese dar algunhas sinxelas pautas de comportamento que, aínda que se realicen no ámbito individual, poden ter unha enorme repercusión na busca da sostibilidade, sobre todo se son asumidas por un número crecente de persoas. O obxectivo desta actividade é contribuír ao coñecemento que todos e todas debemos ter sobre como actuar dende as
nosas actividades cotiás no colexio, na casa, etc”.
No día de hoxe desfrutaron da charla os os alumnos de 3º. Nestas charlas explícaselles aos rapaces que é a enerxía, en qué utilizamos a enerxía, a procedencia das diferentes fontes de enerxía e os tipos de enerxía existentes (renovables e non renovables, e as súas diferencias). A actividade remata con hábitos diarios de consumo, “xa que hoxe, máis ca nunca, é necesario acoller propostas de actuación que nos afasten do consumismo e que nos acheguen a escenarios onde a calidade de vida de todos os seres vivos do planeta sexa compatible coa súa preservación para as xeracións futuras”, engadiu López Eijo.
A edil de Medio Ambiente dixo que “si facemos un bon uso da enerxía eléctrica seguindo uns consellos,axudaremos a reducir a contaminación e as emisións dos gases responsables do efecto invernadoiro: apagar sempre a luz cando saímos dunha habitación; non ter os aparatos eléctricos acesos si non os estamos usando
como o ordenador ou o cargador do móbil; non abrir a neveira máis veces que as necesarias; aproveitar sempre que se poida a iluminación natural, etc”.
E engadiu que “no colexio tamén se consume enerxía, que moitas veces malgastamos, por exemplo deixando as luces acesas cando nos vamos para o patio ou ter as luces acesas nas clases cando podemos aproveitar a luz
natural”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



