O Grupo Municipal Socialista do Concello de Foz presentou esta mañá unha MOCIÓN SOBRE MODIFICACIÓN DO PROXECTO DE DRAGADO DO PORTO DE FOZ, coa finalidade de que a Corporación Municipal acorde instar á Xunta de Galicia a unha urxente modificación do proxecto da obra de dragado do Porto de Foz, que incorpore, ademáis do dragado do canal de acceso, o dragado das dúas dársenas, a de Porto Chico e a do Muelle vello, pois soamente deste xeito se poderá conseguir o suficiente calado nas dársenas para que as embarcacións non toquen no fondo en baixamar, e solucionar os problemas existentes na actualidade no Porto de Foz .
O proxecto da obra de Dragado do canal de acceso ao Porto de Foz da conta unha vez máis da incompetencia de Portos e da Xunta de Galicia. Dende o Grupo Municipal Socialista de Foz, consideramos que a obra do Dragado do Porto de Foz é sumamente necesaria para o sector pesqueiro e turístico focense, e non debe retrasarse máis no tempo. Agora ben, o Proxecto debe contemplar, ademáis do dragado do canal de acceso ao Porto, a incorporación de dragar tamén as dúas dársenas, a de Porto Chico e a do Muelle vello, pois soamente así se poderá conseguir o suficiente calado nas dársenas para que as embarcacións non toquen no fondo en baixamar.
O Grupo Municipal Socialista de Foz pregúntase: ¿Que é o que teñen pensado facer co actual proxecto de dragado? ¿O que fixeron fai un ano? ¿Gastar máis de 200.000 euros sen conseguir solucionar o problema existente no Porto de Foz na actualidade?
En definitiva, o noso Grupo Municipal non se quere opoñer á obra de dragado do Porto de Foz, que consideramos moi urxente e necesaria, pero solicitamos que se inclúa no proxecto da obra o dragado das dársenas, a de Porto Chico e a do Muelle vello. Para iso, non é preciso que se faga un novo proxecto, pois temos coñecemento da existencia dun proxecto anterior feito pola Consellería competente na materia, no que se contemplaba o dragado das dúas dársenas.
Polo tanto, dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos que liciten ese proxecto, no que se contemplaba o dragado das dársenas do Porto de Foz, e así conseguiremos que o que se invirta sirva para solucionar os problemas de calado existentes na actualidade no noso Porto, e non malgastaremos os fondos públicos inútilmente.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



