Os populares pregúntanse polo resultado das melloras comprometidas pola empresa adxudicataria
Mondoñedo, 11 de xaneiro de 2012- O Partido Popular lamenta que a obra de reordenación do entorno da Catedral, da Fonte Vella e do Seminario, “con aspectos inacabados, xerando unha imaxe negativa para o visitante”, sexa o mellor reflexo da xestión do bipartito mindoniense. A portavoz popular, Elena Candia, explica que o aspecto “incomprensible” que presenta a localización, logo da importante inversión de diñeiro público, é gráfico. A zona presenta deficiencias no empedrado, con pedras rotas, manchas e escombro amontoado.
A portavoz popular explica que estes indicios de aspecto inacabado son “inaceptables”, tendo en conta a elevada contía, de 1,1 millóns de euros, que se investiron nesta localización; e o retraso que se sufriu neste acometido. Candia lembra que o seu equipo xa se viu na obriga de denunciar en pleno o mal estado que presentaba o empedrado do entorno da catedral logo de ser arranxado facía menos de catro meses. Agora de novo, explica Candia “vémonos na obriga de lamentar o aspecto que reflexa a praza do Seminario e solicitarlle ao equipo de goberno que subsane as deficiencias da zona”.
Ademais, o aspecto a día de hoxe que presenta o entorno e que “lle ofrece ao turista unha imaxe pouco coidada de Mondoñedo”, non foi o único motivo que conlevou a critica por parte dos populares e dos veciños en relación a este acometido.
Oposición dos veciños a unhas obras pouco cómodas e custosas
Tras entrar en vigor o sete deste mes a ordenanza reguladora en materia de tráfico, os populares lembran as actuacións sociais dos veciños que se viron na obriga de recoller firmas presentando alegacións a prohibición de estacionamento tras a reordenación do espazo nesta localización. Esta repulsa dos veciños foi dada logo que o o rexedor local “lles ocultase e mentise sobre as actuacións e o resultado final que conlevaría esta obra”.
Dende o sete de xaneiro o goberno local está a cumprir a citada ordenanza incrementando as sancións o que “incomoda a estancia nesta localidade, sobre todo aos residentes destas rúas”. Así, os populares criticaron en reiteiradas ocasións que a reordenación deste espazo converteu a Mondoñedo nun lugar caótico e perigoso para a circulación, chegando incluso a sufrirse impactos de vehículos contra os bloques de pedra, “innecesarios e inseguros”, supostamente cunha funcionalidade decorativa e de descanso
O Partido Popular lamenta polo tanto que esta adecuación materializada polo BNG e o PSOE nas zonas da catedral, o seminario e a Fonte Vella repercuta negativamente no día a día dos veciños mindonienses e nos negocios da zona. Os populares consideran que esta obra inutilizou o entorno da praza do seminario, localización adecuada para a realización de eventos, como poden ser concertos ou feiras. Así, os negocios do centro histórico están a sufrir perdas ocasionadas polas reformas, xa que os cambios están a ocasionar unha situación complexa na circulación de vehículos e peóns
Remodelación dunha zona que presentaba un razoable estado de conservación
Os populares maniféstanse críticos co aspecto que presenta hoxe en día unha zona na que investiu 1.100.000 euros que se canalizaron, nun entorno, segundo explica Elena Candia, que antes do acometido presentaba “un razoable estado de conservación” e cuxas beirarrúas foran remodeladas “recentemente”.
De igual maneira, a popular Elena Candia lembra que as obras que se comprometeron acometer como “melloras”, (actuacións non obrigadas por proxectos pero comprometidas a realizar pola empresa adxudicataria), por parte da entidade adxudicataria foron o criterio practicamente determinante de que resultara elixida para a realización das actuacións. O Partido Popular aínda a día de hoxe polo resultado das melloras comprometidas pola empresa, pese a haber presentado xa unha iniciativa plenaria.