Os populares comenzan unha campaña para buscar máis implicación social.
Burela, a 18 de xaneiro de 2013.- O Partido Popular de Burela comenza a aplicar a folla de ruta que se marcou na última asemblea de afiliados celebrada antes das pasadas Navidades. Nesa asemblea, os populares acordaron emprender unha campaña de cara a estar presente en todos os ámbitos da sociedade burelesa. Un dese ámbitos é o segmento de poboación de persoas xubiladas ou prexubiladas.
Así, nunha reunión de afiliados pertencentes a ese segmento de poboación celebrada onte, e presidida por José María González Barcia, acordouse a realización dunha serie de actividades encamiñadas a informar a prexubilados e xubilados sobre unha serie de cuestións de interese, tales como cursos de actualización en materia de seguridade vial, charlas sobre cuidado de persoas con dependencia, aspectos vinculados coa alimentación, seguridade no fogar, etc.
A efectos de concretar estas actividades, quedou constituído un grupo de traballo que coordinará José Luís González, e que contará con outros cinco integrantes. Todas as actividades terán carácter gratuíto.
A primeira actividade será un curso de actualización en materia de seguridade vial, que será impartido por Autoescuela Burela, na segunda quincena de febreiro, en data por concretar. O PP agradece a colaboración de Autoescuela Burela, pola súa absoluta disposición para impartir este curso.