Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela e en contestación á nota de prensa emitida polo equipo de goberno de Burela temos que aclarar:
1º.- Que como di o refrán: “Rectificar é de sabios”, e dicimos isto porque nos consta de que o Concello de Burela tiña pensado ter representación política na feira Fitur e unha vez desmentido polo Sr. Alcalde este extremo congratulámonos de que así sexa e da rectificación.
Aclarar de todas formas que nós non estamos en contra de que o Concello puidera ter pensado acudir a esta feira, estamos en contra de ir nestes momentos nos que se lles quitou a axuda ós clubs deportivos, nos soben as taxas e impostos e nos recortan servizos, momentos nos que o Concello está a pedir ós veciños sacrificios que entendemos deben de ser correspondidos dende o equipo de goberno evitando gastos improdutivos.
2º.- Pedimos ó goberno de Burela que nos diga cal é o custe que lle representa enviar os folletos informativos que fan e pagan os propios locais hostaleiros de Burela á citada feira. ¿Que concepto pretendía cobrarlle o Concello ós hostaleiros de Burela?.
3º.- Aclarar que aínda que pense o contrario, ós socialistas de Burela si que nos preocupa o desenrolo do congreso provincial do PP a celebrar no noso pobo, xa que entendemos que os visitantes de Burela sexan do PP ou de outros partidos son xente que si levan unha boa impresión do noso pobo pode que volvan a visitarnos. Si ven o pobo nas condicións que ven estando ultimamente ó mellor o pensan. Nós non somos como o Sr. Barcia, entendemos a política de outro xeito, e entendemos que o que é bo para os veciños, é bo para nós. Esperemos que o Sr. Barcia aproveite este congreso para tratar temas tan importantes para o noso pobo como o acceso ó porto e a ampliación do Hospital da Costa que a día de hoxe están paralizados.
4º.- Para finalizar, e indo á crítica que facíamos na anterior nota de prensa pedímoslle ó Sr Barcia como máximo responsable do Concello que atenda ás nosas solicitudes e se poña dunha vez a gobernar e corrixa as deficiencias que denunciamos, case leva dous anos nos que os veciños de Burela lle deron a responsabilidade de gobernar o pobo e parece que aínda non se enterou. A oposición dende as pasadas eleccións toca que a faga o PSdG-PSOE de Burela e así o imos a facer, cumprindo coas nosas obrigas, cando vexamos que as cousas non se fan ben. Por iso denunciamos situacións que non nos parecen normais e pedimos ó equipo de goberno que as corrixa, se quere, polo ben dos veciños e veciñas de Burela.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



