RIBADEO SEGUIRÁ A CONTAR CON SERVIZO DE TELEASISTENCIA TRAS O CONVENIO ASINADO HOXE ENTRE O CONCELLO E A DEPUTACIÓN DE LUGO. EN TOTAL SON 113 AS PERSOAS QUE SE BENEFICIAN DO MESMO.
Ribadeo, 22 de xaneiro de 2013. O Concello asinou esta mañá coa Deputación de Lugo un convenio para manter o servizo de teleasistencia do que se benefician 113 persoas maiores do municipio. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “como o Estado se desentendeu e a Xunta non quixo participar a Deputación tivo que subir a súa aportación e os Concellos temos que poñer o 50% do seu custe, que no caso de Ribadeo supón 15.000 euros ao ano”.
O rexedor dixo que a sinatura de dito convenio “é unha boa noticia para todos os veciños e veciñas de Ribadeo que xa estaban recibindo este programa dirixido a persoas non dependentes. Ribadeo é o concello da provincia que máis xente ten neste programa cun total de 113 usuarios”.
Suárez Barcia indicou que “a principios deste ano o Estado deixou de poñer a aportación que realizaba, que era o 65% do custe total, e a Deputación poñía o 35% restante. Como o Estado está mais pendente de salvar á banca e aos banqueiros e está mais pola labor de deixar tirados na cuneta á xente maior de 80 anos, como é o caso da inmensa maioría da xente que recibe a teleasistencia, a Deputación decidiu incrementar a porcentaxe da cuantía que viña aportando e os Concellos que queiramos contar con este programa temos que asumir a outra parte que é o 50%, aínda que antes non aportábamos nada”. O alcalde ribadense engadiu que “aínda que teñamos que aportar no caso de Ribadeo uns 15.000 euros ao ano parécenos fundamental seguir con este servizo de teleasistencia que lle da seguridade, que lle da cercanía e posibilidades de seguir vivindo soas a esas persoas que non queren abandoar os seus fogares, pero que por idade necesitan poder tocar un botón en caso de sufrir unha emerxencia e que alguén os poida escoitar e achegarse inmediatamente ata ese domicilio”.
Para Fernando Suárez o servizo de teleasistencia “é unha boa iniciativa que eu lle valoro moito ao Área de Benestar Social da Deputación Provincial de Lugo, na que o Concello ten que pagar a outra parte que lle corresponde, sen prexuízo de que quizais teñamos que repercutir unha parte aos usuarios, que ata o de agora non estaban a pagar nada por contar con este programa. En todo caso o máis importante é que o servizo sigue a ser prestado e seguirá a ser prestado cunha calidade tan boa como a que viña tendo ata o de agora”.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



