PLATAFORMA AFECTADOS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA
Despois dos plenos celebrados esta semana nos concellos de Foz, Viveiro e Burela, a plataforma de afectados queremos comunicar que a nosa moción foi aprobada por unanimidade de toda a corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña soamente nos concellos de Foz e Viveiro.
Queremos agradecer no concello de Foz o apoio unánime a nosa proposta do Partido Popular, PSOE, UNIFOZ e BNG, así mesmo como tamén queremos agradecer o apoio unánime no concello de Viveiro do Partido Popular, PSOE, BNG e IVI.
Agradecemos tamén que nestes dous concellos respectasen a iniciativa da plataforma e sobre todo o texto feito e elaborado por nós sen ser modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non no de ningún partido político como así o expresamos dende un primeiro momento que era a nosa intención.
Quero manifestar a miña indignación e a dos afectados que compoñen esta plataforma polo ocorrido onte no concello de Burela, o Partido Popular ignorou por completo a nosa petición e nin tan sequera levou a pleno a nosa moción, en vistas de isto e co noso consentimento, a oposición (BNG e PSOE) meteu o noso escrito como moción de urxencia, o cal nin tan sequera foi levado a votación xa que o Partido Popular fixo unha emenda ao mesmo e iso foi o que se votou e aprobou xa que eles teñen a maioría e eles deciden ao seu antollo sen respectar a ninguén.
Dicir que foi unha emenda dun texto elaborado polo Partido Popular e que non se corresponde en nada co feito e rexistrado pola plataforma, e co cal non estamos para nada de acordo, xa que non se recolle nada do que nós pedíamos, será que o Partido Popular se considera máis capaz que os propios centos de afectados da comarca para elaboralo?
Teño serias dúbidas despois de que os seus compañeiros de Madrid veñen de aprobar unha lei na que se vai aplicar un porcentaxe de quita de un 50% a os afectados por estes produtos bancarios, deixándoos nunha situación moi delicada e sen a metade dos seus aforros que na maioría dos casos lles custou moita suor e traballo ganalos.
Ante esta situación os membros da plataforma alí presentes abandonaron o pleno con moita rabia e indignación, un compañeiro pediulle a palabra ó Sr. Alcalde e este negoulla sen contemplacións.
Creemos que como alcalde se debe ós seus veciños, e con esta actitude soamente demostra que o que lle interesa é o beneficio do seu propio partido, ignorando unha proposta dun colectivo como é a Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña, e mesmo ignorando as peticións dos seus propios veciños, xa que no concello de Burela tamén son moitos os afectados por este grave problema que a día de hoxe están a esperas de unha solución coma no resto de concellos.
Cristina Fernández
Portavoz Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



