O BOP PUBLICA HOXE AS BASES QUE REXERÁN A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO PARA AXUDA NO FOGAR. O ALCALDE SUBLIÑA QUE O OBXECTIVO É TENTAR REPARTIR A CARGA DE TRABALLO QUE POIDA HABER NO MÁXIMO NÚMERO DE PERSOAS.
Ribadeo, 19 de febreiro de 2013. Hoxe saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribadeo para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar.
O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “será para cubrir as vacacións do persoal que temos ou para situación esporádicas de incapacidade temporal, permisos ou a acumulación de tarefas de carácter puntual. Todo isto fixo necesario que desde o Concello aprobásemos este regulamento para ir tamén a un modelo semellante ao que xa utiliza desde hai moito tempo o Sergas ou a universidade para tentar repartir a carga de traballo no máximo número de xente posible”.
O rexedor indicou que “creamos unhas bases e a partires de mañá, 20 de febreiro, ábrese un prazo de quince días para que todas aquelas persoas que teñan no seu poder a titulación axeitada, que neste caso é formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, ademais de ter, cómo non, o carné de conducir da clase B1 e disponibilidade de vehículo”. Suárez Barcia engadiu que “durante estes quince días está aberto o prazo para que poidan aportar todos os méritos, as titulacións, os cursos, as experiencias que poidan acreditar e despois un tribunal avaliaraos e publicitarase na páxina web do Concello, onde quedarán expostas por orde de puntuación e por ese orde serán chamadas no caso de ter que cubrir unha suplencia, unha baixa, unhas vacacións, etc”.
O alcalde ribadense manifestou que “esta bolsa de emprego créase cunha duración de dous anos e logo cada seis meses pódese proceder á súa renovación no caso de que as persoas estiveran nela tivesen algún mérito a maiores que poidan engadir. Incluso si algunha persoa no seu momento non se incorpora a esta bolsa de emprego e o quere facer podería engadirse, pero pasará a formar parte do final da lista”.
Os/as interesados/as en obter máis información poden dirixirse á páxina web do Concello ou achegarse pola propia Casa do Concello, “onde lles darán máis datos sobre este aspecto. A idea que temos é que o pouco traballo que poida haber abrilo á maior xente posible e que primen os criterios dos méritos e das capacidades”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



