Ribadeo, 27 de febreiro de 2013. O vindeiro sábado, 2 de marzo, algunhas das autoras que participaron na realización do caderno Rachando inercias trasladáranse ata Santiago de Compostela para presentar alí este traballo. O acto terá lugar na libraría Lila de Lilith, ás 12.30 horas na rúa Travesa, 7.
Segundo explica a concelleira de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, “esta iniciativa veu xestándose desde hai meses, froito da colaboración entre o Centro de Información ás Mulleres e Sonda Norte e presentouse ao público en Ribadeo o pasado mes de decembro. Once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico neste caderno que leva por título Rachando inercias. Un caderno exclusivamente feminino con traballos de autoras menores de 30 anos”.
A edil nacionalista sinalou que “a promoción e impulso das mozas creadoras que ao igual que noutros eidos, pola súa condición feminina, de sermos mulleres teñen máis trabas para ter presenza, para destacar ou para acceder ou promocionarense no mundo artístico merece un esforzo desde o terreo institucional. Este caderno Rachando inercias ven a ser o resultado da unión do potencial artístico de mozas ribadenses. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita e as ilustracións destas autoras. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose na mesma”.
Álvarez Lastra engade que “mozas de idades comprendidas entre 15 e 30 anos, creadoras que simplemente coa súa obra visibilizan aquelas causas que o precisan e o merecen e que circunstancias alleas as manteñen nas marxes. Causas como a invisibilización das mulleres, de aí o carácter exclusivamente feminino do caderno de principio a fin, e tamén a aposta pola utilización do galego, que ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade”.
O seu coidado e deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias. A concelleira de Muller indicou que “se optou polo produto local, polas mozas locais e por todo ese potencial que está saíndo á luz grazas á iniciativa de Sonda Norte. E como carta de presentación, o apoio coa achega dese limiar por parte da escritora xa consolidada e coñecida por tod@s, Marica Campo, a cal excusa a súa presenza neste acto”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



