O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PÍDELLE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE NOMEE O COLEXIO PÚBLICO DE SAN MIGUEL COMO CEIP ANTÓN MOREDA
O colectivo barreirense tamén rexistrou un escrito no Concello de Barreiros para solicitar o apoio da corporación municipal a esta iniciativa.
Barreiros, 1 de febreiro de 2013. O Colectivo Cultural Ollomao quere conmemorar o terceiro aniversario da morte do barreirense Antón Moreda, que se cumprirá o vindeiro 4 de febreiro, cunha iniciativa na que solicitan que o colexio público de San Miguel (parroquia onde naceu Moreda) sexa renomeado como CEIP Antón Moreda. Neste sentido, presentaron ante o rexistro da Consellaría de Educación unha solicitude para que se renomee o actual CEIP San Miguel de Reinante como CEIP Antón Moreda.
Antón Moreda foi unha figura central no movemento xuvenil e cultural galego da postguerra, facendo de enlace entre o movemento existente na emigración e o do interior; contribuíndo a manter vivo, entre outros, o legado de Castelao.
Desde Ollomao argumentan que “é imprescindible que os pobos coñezan as persoas que forman parte deles para coñecer a súa historia e poder valorala sen interferencias subxectivas.” Por esta razón, Tamara Rubiños Varela explica que “o Colectivo Cultural Ollomao, xa en vida de Antón Moreda, contribuiu ao coñecemento da súa traxectoria e da importancia da súa persoa cunha homenaxe no ano 2007 na que tomou parte o propio Moreda e na que se achegou á cidadanía unha outra visión do intelectual barreirense.”
Polo tanto, Ollomao considera que “persoas coma Antón Moreda son dignas do recoñecemento do conxunto da sociedade galega e, nomeadamente, da barreirense. Polo que son precisos, xestos que contribúan a achegar a nosa historia e as persoas que dela toman parte a aquelas e aqueles que forxarán o futuro do pobo galego e barreirense.”
Neste sentido, a asociación cultural barreirense pretende un recoñecemento para o seu veciño Antón Moreda no terceiro aniversario do seu pasamento e, por iso, veñen de dirixirse á consellaría competente para que se inicie o procedemento para modificar o nome do CEIP de San Miguel de Reinante polo de CEIP Antón Moreda. Igualmente, e co fin de xuntar adhesións á proposta, o colectivo barreirense rexistrou tamén unha solicitude formal para que a corporación municipal barreirense adopte o acordo de apoiar tal proposta ante a Consellaría de Educación.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



