TRIPADVISOR SITÚA Á PRAIA DAS CATEDRAIS COMO A SEGUNDA MÁIS BONITA DE EUROPA E SEXTA DO MUNDO. O ALCALDE AGARDA QUE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS SE IMPLIQUEN NO SEU COIDADO, CONSERVACIÓN E DIFUSIÓN E NON SÓ O CONCELLO.
Ribadeo, 20 febreiro de 2013. Tripadvisor, a web de viaxes máis grande do mundo, sitúa á praia das Catedrais coma a segunda máis bonita de Europa e a sexta do mundo, algo que lle parece un gozo e un orgullo ao alcalde. Fernando Suárez agarda que isto sexa un acicate, xunto á visita cursada a semana pasada por Pia Bucella, directora xeral de Natureza e Biodiversidade da UE, para que todas as administracións se impliquen no seu coidado, conservación e difusión e non só o Concello de Ribadeo.
Suárez Barcia sinalaba este mediodía que “hoxe temos que falar das Catedrais, pero desde un punto de vista positivo, como afortunadamente falamos case sempre desta praia, dado que un dos portais de internet máis importantes a nivel internacional, Tripadvisor, que é un portal web onde todos aqueles usuarios do mundo que queren buscar información de viaxes, de lugares, acoden habitualmente e ten millóns de usuarios, acaba de recoñecer que a praia das Catedrais é a segunda máis bonita de Europa e a sexta mellor do mundo”.
O rexedor indicou que “o que fai un portal de internet que recolle as achegas de millóns de persoas de todo o mundo, que dan as súas opinións sobre as praias máis bonitas do mundo enteiro, é un gozo, un recoñecemento e un orgullo para os veciños e veciñas de Ribadeo, da comarca da Mariña e do noso país que a praia das Catedrais estea neste lugar tan alto”.
E engadiu “to isto a pesar de que por parte da Xunta de Galicia só nos mandaron un triste funcionario o outro día á xuntanza interinstitucional que fixemos entre as diferentes administracións para buscar un plan de uso e xestión da praia das Catedrais; a pesar de que estamos advertindo e clamando no deserto desde hai tempo porque estamos matando a galiña dos ovos de ouro con tantísima xente que chega e que non hai regulación e vamos ter que regular ou chegar a limitar o acceso para non estragar este areal; a pesar do potencial económico que se lle pode sacar para Ribadeo e para A Mariña e a pesar de que desde o Ministerio de Medio Ambiente e desde a Xunta de Galicia é insultante o que estiveron facendo ata o de agora”.
Fernando Suárez agarda que “oxalá este recoñecemento dun portal privado, pero que ten achegas de millóns de usuarios de todo o mundo, xunto coa visita da directora xeral de Natureza e Biodiversidade da Unión Europea, a señora Pía Bucella, sirvan como acicate para que a ver si por fin alguén con sentidiño da Xunta, pero con relevancia política, e do Ministerio de Medio Ambiente, con relevancia tamén política, sexan quen de empezar a cambiar a proa na atención do Estado e da comunidade autónoma neste areal que é de Ribadeo, pero entendo que é patrimonio de todos. Polo tanto todas as administracións deben estar implicadas no coidado, na conservación e na difusión e non soamente o Concello de Ribadeo”.
Tripadvisor sitúa á praia das Catedrais como a máis bonita de todo o Estado.

























O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.



