As afirmacións vertidas polo equipo de goberno do concello de Mondoñedo ao afirmar que prorrogan o contrato da persoa encargada de realizar os traballos de actualización da contabilidade municipal confirman as sospeitas do PP, ao incumprir o principio de libre concorrencia e non darlle a oportunidade a participar no proceso de selección a outras persoas que reúnan as condicións para participar.
A voceira do PP local, Elena Candia, asegura que en Mondoñedo temos xente preparada que estaría encantada de que se lle dera a oportunidade por parte do equipo de goberno e do señor alcalde de familiarizarse coa contabilidade pública municipal. A popular explica que outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, polo que Candia refire a idoneidade dos funcionarios para levar a cabo este acometido.
A popular Elena Candia tamén fai referencia as declaracións vertidas polo edil municipal, Xusto Fernández Haro, nas que contundentemente di que espera a que haxa un convenio coa Deputación para financiar este posto.Segundo explica a voceira popular, estas afirmacións evidencian a ilegalidade do contrato, posto que incumpre o plan de axuste que obriga ao concello de Mondoñedo, no que se establece que unicamente se realizarán contratos laborais amparados en subvencións doutras administracións que financien o 100% dos custes salariais do novo persoal. Polo que, mentres este convenio coa Deputación non estea garantido, non se podería contratar.
Os populares lembran que mentres outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, o bipartito leva gastado, segundo datos do PP, máis de 40.000 euros primeiro na contratación dunha empresa externa para a actualización da contabilidade; máis de 30.000 euros aboados pola Deputación o ano pasado para a contratación dunha persoa; ao que hai que sumarlle outras facturas aboadas por outras empresas que facturaban, sen ter coñecemento o Partido Popular, do contrato que amparaba tales facturas.
O que si provoca “perplexidade” é que logo dun gasto superior aos 12 millóns de pesetas, o gasto siga reparado, a contabilidade en actualizar, e inclusive, os resultado desproporcionado de remanente de tesourería, en algunha exercicio, deixa en evidencia a credibilidade dos documentos elaborados ata o momento.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



