Nun día cun tempo excelente, que permitiu apreciar toda a a beleza paisaxística desta ruta, os sendeiristas de Pasada das Cabras fixeron a ruta da subida a O Picato, no Concello de Trabada. Desde o monte Picato (743 m), pertencente á Serra de Cadeira, pódese contemplar unha vista de 360º que abarca o val de Lourenzá, a serra de A Toxiza, A Frouxeira e a Cornería, a serra do Cadramón, a costa de A Mariña, parte da costa occidental de Asturias e gran parte do extenso Concello de Trabada. Para finalizar repuxeron forzas cun cocido nun restaurante de Trabada.





















Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.



