A asociación Mulleres de San Ciprián ten preparada unha actividade de lembranza que consistirá en revivir a tradición de ir lavar ao río e que terá lugar o 25 de maio. Un evento que levará consigo a recreación do ambiente que se vivía hai unhas décadas cando as mulleres de San Cibrao se xuntaban para ir lavar a roupa nas beiras do río Covo, concretamente dende o muíño ata a ponte romana.
Para iso, todas as persoas participantes reuniranse ás 17:00 horas na praza situada ao carón da Casa da Cultura, que será o punto de encontro, ataviadas cos utensilios propios para lavar como son a táboa, a tina, o xabón ou a roupa. Dende alí sairán camiñando en comitiva, falando e cantando cancións tradicionais, cara a área recreativa situada ao carón da ponte romana. Unha vez alí, procederán a lavar as pezas de roupa e, ao rematar, gozarán dunha merenda de convivencia.
Con esta actividade a asociación pretende “lembrar e reivindicar o sacrificio e o duro traballo da muller, destacando o sobreesforzo que implicaban as tarefas do fogar nunha época na que non existían ou as familias non se podían permitir algo tan habitual hoxe en día como unha lavadora e na que por exemplo, para lavar a roupa, había que saír ao río, en todas as estacións do ano, e lavar a man, peza por peza, nas frías augas do Covo” explica a presidenta da entidade, Amparo Pernas.
Mulleres de San Ciprián quere convidar a todas as persoas “homes e mulleres, pequenos e adultos, a revivir de novo esta tradición para coñecer de primeira man o duro traballo da muller” engade Pernas. Por iso, a presidenta da asociación explica que “para os máis novos pode ser unha actividade moi interesante na que poderán experimentar como era a vida hai unhas décadas”. No seu momento a asociación informará da apertura do prazo para poder inscribirse nesta actividade.

























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



