O grupo de Montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha fin de semana pola neve que inclúe esquí, snowboard, raquetada ou ruta a pé en Alto Campo – Hermandad de Suso, Cantabria, para o sábado 16 e o domingo 17 de marzo. As inscricións péchanse o mércores 13 de marzo e poden realizarse a través dos teléfonos 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva), onde tamén poderán solicitar máis información. O prezo da actividade será de 45 euros para os socios colaboradores, 53 para os non colaboradores e 70 para os que non son socios, incluíndo en todos os casos a cea e pernotación do sábado, o almorzo e o xantar do domingo e a viaxe en autobús de ida e volta. As prazas son limitadas.






















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



