-Dende o GMS solicitaron hai meses que se levaran a cabo as xestións oportunas “para facer un aparcamento nunha parcela contigüa ó colexio co fin de mellorar a seguridade dos nenos en horas puntas”
-Destacan que “o señor Villares ten a cara de decir que como a vía que pasa fronte a esa parcela é de titularidade provincial que esixamos o traballo á Deputación cando quen ten competencias en educación é a Xunta”
CERVO, 27 DE MARZO. Os socialistas califican de “vergonzosa a contestación que por parte do equipo de goberno se lles deu ante a petición de estudiar o posible acondicionamento como aparcadoiro dunha parcela contigüa ó Colexio Nº1 de Cervo para mellorar a seguridade da comunidade educativa ás horas puntas de entrada e saída do centro escolar”.
Pasados varios meses dende que os membros do Grupo Municipal Socialista presentasen esta proposta en pleno e non obtiveran ningunha contestación, solicitáronlle ó goberno coñecer “se tiveran feita algunha xestión neste senso. A resposta do alcalde, Alfonso Villares, foi que a Xunta de Galicia levou a cabo traballos de modernización e acondicionamento do colexio e rematou as obras do pavillón, pero non se refiren en ningún momento a ningún aparcadoiro”.
E engaden que “en relación á parcela teñen a cara de decir que como a estrada que transcorre por diante do colexio é de titularidade provincial que esixamos á Deputación os traballos oportunos para dar solución a este problema. Por un lado, recoñecen que a Xunta non fixo absolutamente nada e por outra banda, escurren o bulto cara a única administración que o seu partido non está gobernando. A maneira de actuar deste equipo de goberno cada día nos parece máis incrible”.
Dende o PSOE de Cervo subliñan que “parece mentira que nos queiran tratar de tontos. Qué terá que ver que a vía que está frente á parcela sexa provincial con que teña que ser a Deputación quen asuma esta responsabilidade. Señor Villares, lembrámoslle que quen ten competencias en materia de Educación é a Xunta de Galicia, quen ten competencias para velar pola seguridade dos nenos e nenas que asisten a este colexio é a Xunta de Galicia, gobernada polos seus compañeiros de partido. En tal caso, esixa o traballo a quen o debe esixir e non queira confundir ós veciños”.
Os socialistas acórdanse que no ano 2009 cando este goberno apoiou a unificación dos colexios de San Ciprián “prometían que dotarían o actual colexio de tódolos servizos necesarios e que o aproveitamento dos recursos redundaría nunha educación de maior calidade. O tempo pon de manifesto que se necesita unha zona de aparcadoiro e o Concello está despreocupado moi moi moito”.