Esta semana no IES Perdouro fallaronse os premios dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña, no que resultaron premiadas os seguintes autores e obras das diferentes categorías:
Categoría ata 14 anos:
1º Premio
“A casa pantasma” de Andrea Barro Rodríguez (IES Perdouro de Burela)
2º Premio
“O gato gatiño” de Carmen Manuela Suárez García (CEIP de Cervo)
Categoría de 14 anos ata 18 anos:
1º Premio
“O segredo da pintura” de Sara Palomino Arnanz e Myriam López Otero (IES San Rosendo de Mondoñedo)
2º Premio
“Unha viaxe redonda” de Antía Fernández Fernández e Aurora Rodríguez García (IES San Rosendo de Mondoñedo)
Categoría Aberta:
1º Premio
“Azar” de Guionista: Nicolás Martín Alessandro e Debuxante: Julián Rocha (La Plata-Bos Aires, Arxentina)
2º Premio
“Por unha presa de grelos” de Inés Vázquez Ramallal (Carral- A Coruña)
Finalistas:
“Conto Bosco” José Nuno Martins Pinto Fraga (Braga-Portugal)
“Cen por cen muller” Laura Velasco Vázquez (Lugo)
“Se alguén” Aurora Aroca González” (Madrid)
A entrega de premios terá lugar o 4 de abril na biblioteca do IES Perdouro. Dende o organismo convocante felicitan aos premiados e esperan contar coa súapresenza o día da entrega. Así mesmo, pola calidade e a cantidade dos traballos presentados queren poñer de manifesto de forma especial o seu agradecemento a todos os participantes.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



