O Club de Golf Lugo celebrará este sábado, día 23, e o veindeiro, 31 de marzo, sendas xornadas de portas abertas co obxectivo de invitar a todos os interesados no golf a coñecer as súas instalacións e as múltiples posibilidades que ofrece.
Durante ambas xornadas está previsto que os visitantes poidan coñecer tanto as dimensións e peculiaridades do campo de golf lucense, como os servizos auxiliares e algunhas das actividades que se realizarán no centro a partir do mes de abril, cando comece a temporada de torneos. A presentación da programación que levará a cabo a nova directiva realizarase durante a primeira quincena de abril pero os interesados en asistir poderán coñecer un avance durante estas dúas sesións.
Ademais, está prevista a celebración de varias clases prácticas ao longo do día, nas que os visitantes poderán probar a súa pericia cos paus e coñecer desta forma a metodología de ensinanza que se segue no club ara os disntos grupos de idade, xa que se imparten calses a partir dos 5 anos sen límite de idade.
O profesor do club, profesional deste deporte, será o encargado de dirixir as clases de proba nas que poderán participar tanto os xa iniciados como aqueles para os que sexa a súa primeira vez.
O golf está considerado un dos deportes máis saudables, sendo apropiado para todas as idades. A súa práctica contempla o percorrido de entre 6 e 9 quilómetros, polo que é unha práctica moi recomendable en especial para o colectivo da terceira idade polos seus beneficios cardiovasculares.
Contrariamente ao que se cre, trátase dun deporte moi técnico no que a psicología é o 70%, polo que se aconsella tamén para o desenvolvemento mental dos nenos. De feito, o Club conta co seu propio club infantil no que os nenos a partir de cinco anos aprenden o deporte e participan en distintas actividades e campionatos.
O Club de Golf Lugo manten aberto o seu proceso de inscrición e quere animar a todos os lucenses a visitar as súas instalacións e ter unha experiencia coa práctica dun deporte que cada día aumenta o seu número de afeccionados.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
