A biblioteca pública municipal convoca con motivo da celebración do día das Letras Galegas dous certames destinados aos escolares de Alfoz.
‘A toda máquina’ é o título da temática para os dous certames: narración e debuxo, “as narracións terán unha extensión máxima dun folio por unha cara e serán en galego. E os debuxos estarán feitos en cartulina cun tamaño aproximado a Din A 4. Cada neno poderá presentar os traballos que desexe, acompañado cada un deles dos seus datos persoais”.
En total establécense tres categoría: A (ata 8 anos), B ( de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos).
O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Pública rematará o 9 de maio. Os premiados nesta fase participarán nunha segunda a nivel provincial, convocada pola Biblioteca Provincial. O fallo do xurado local farase antes do 17 de maio.
A concelleira de Cultura anima “aos nenos e nenas de Alfoz a participar nestes certames”.