Carlos Callón: “A Xunta vende fume e gasta tempo e diñeiro para que a normalización non avance”.
“Onte, igual que hoxe, pódese facer o exame de conducir en galego, o problema é que onte, igual que hoxe, non existen materiais nas autoescolas para poder estudalo”.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2013.- A Xunta anunciou onte con enorme carga protocolaria, con até sete cargos públicos –estiveron presentes un conselleiro, un director xeral, o delegado do Goberno, un subdelegado do Goberno, o coordinador da Dirección Xeral de Tráfico en Galiza, a delegada da Xunta na Coruña e o xefe Territorial da Consellaría de Educación e Cultura–, a novidade histórica de que o exame teórico do carné de conducir estará “por fin” en galego grazas ao goberno de Alberto Núñez Feijóo. Porén, A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que é unha “enorme mentira”, pois “hai moitos, moitos anos que os exames de conducir se poden facer en galego, primeiro na versión en papel e, desde que esta existe, tamén na modalidade electrónica”.
Para o presidente da Mesa, Carlos Callón, este anuncio “hiperpropagandístico” é, por unha banda, a mostra de que a Xunta se centra en “vender fume” e, en lugar de tomar accións en defensa do idioma do país, “xustamente gasta tempo e diñeiro para que a normalización non avance”. Ademais, o portavoz da maior asociación cultural de Galiza subliña que “hai que ver o implicados que están estes sete cargos institucionais co galego, que nin sequera saben que é o que hai ou que é o que non hai neste idioma”.
Desde a organización cidadá reclaman que se “explique en que consiste entón o convenio asinado pola Xunta e pola Dirección Xeral de Tráfico” e se a Xunta vai pórse a asinar agora convenios con todas as administracións que teñen obriga de seu de recoñeceren a oficialidade do galego, “xa que a Dirección Xeral de Tráfico é unha administración e, como tal, non pode descoñecer os nosos dereitos lingüísticos”.
Callón recorda tamén que, aínda que existe desde hai moitos anos a opción para facer o exame teórico en galego, os problemas que existen para que haxa máis persoas que escollan tal opción son “en primeiro lugar, que está pouco anunciado, aínda que na Mesa non nos consta que houbese problemas de ningunha persoa que o solicitase e non se lle entregase” e, ademais, “o principal obstáculo é que non existe material docente en galego nas autoescolas e a Xunta non quere facelo, cando este si sería o seu campo de acción”. “Sábeno, díxoselle mil veces, e o único que fan é faceren fotos como a de onte para nos venderen máis e máis fume”, conclúe.


















Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



