O pasado sábado e dentro das xornadas programadas por Obradoiros con Alma, celebrouse no Complexo Cultural Regalxunqueira un curso monográfico sobre elaboración e cocción de pezas de Rakú, coa participación dun total de 16 alumnos, procedentes de Asturias, Vigo, Coruña, Rianxo, Ferrol, As Pontes, Carnota e Salamanca. No transcurso do monográfico, que durou tres horas, elaboráronse pezas para unha posterior cocción, con técnicas de placas e golpeteo. Asimesmo, realizouse o esmaltado das pezas previamente bizcochadas e posteriormente cocéronse no forno de rakú, e ó alcanzar os 960 ºC, realizouse a redución en serrín. Cada un dos participantes levou unha peza para a súa casa, e as pezas que eleboraron servirán para a próxima cocción que terá lugar o dia 6 de Abril. E para este trimestre está programado que se realice este mesmo curso, nas datas de 27/04/2013, 04/05/2013 e 08/06/2013.
