Ana Ermida cualificou este proxecto de reforma da lei de educación de “reaccionaria, españolizadora e privatizadora, e acaba coa igualdade de oportunidades no ensino”.
Este peche enmárcase dentro da xeira de peches que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está a levar a cabo por todo o país para protestar contra a LOMCE.
A Mariña, 22 de abril de 2013. Ana Ermida, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, participará esta tarde no peche que a Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público levará a cabo desde hoxe ás 5 da tarde no IES Monte Castelo de Burela, dentro dunha serie de peches rotatorios durante o mes de abril por diferentes IES do País para protestar contra o proxecto de lei de educación coñecida como LOMCE.
A responsábel comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, cualificou este proxecto de reforma da lei de educación de “reaccionaria, españolizadora e privatizadora, e acaba coa igualdade de oportunidades no ensino expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade. Trátase dunha lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal e que afonda nas diferenzas sociais no canto de contribuír a que todas e todos teñamos acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade”.
“Tal e como se afirma desde a Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público, e que no que desde o BNG concordamos plenamente – valorou Ana Ermida – é un anteproxecto recentralizador e españolizador que lle facilita ao alumnado, se é necesario, a matriculación nun centro privado, pagado por todas nós, para evitar a súa escolarización no noso idioma. Procura o máximo control dos contidos a través do Goberno central, uniformiza mediante as reválidas e impón un modelo lingüístico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intención de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, histórica, cultural e lingüística”.
Ermida afirmou que “esta reforma educativa que pretende impor o Goberno central vai repercutir negativamente no ensino público e fortalecerá, pola contra, o ensino privado concertado que se verá favorecido coa creación de centros de excelencia, mediante a selección do alumnado. Blíndanse os concertos económicos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alumnado por razón de xénero, malia existir sentenzas que ditaminan a súa ilegalidade. Unha vez máis, estamos ante contrarreforma que reforza a confesionalidade e impide o ensino laico. O anteproxecto mantén o ensino da relixión no currículo escolar, contemplando unha materia alternativa en Primaria e na ESO, que computarán no expediente académico, converténdose así nun efecto chamada para que o alumnado se matricule en relixión. Ademais, é un anteproxecto profundamente antidemocrático, que traslada o sistema de xestión empresarial ao ensino. Elimina o Consello Escolar como órgano de goberno e a dirección dos centros será imposta pola administración e terá plenos poderes para tomar unilateralmente decisións de transcendental importancia para os centros e para propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administración”.
A responsábel comarcal do BNG manifestou que “desde o BNG apoiamos as reivindicacións da Plataforma na Defensa do Ensino porque cremos que esta reforma educativa liquida a igualdade de oportunidades, ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que só unha minoría acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios. É unha lei elitista, clasista e segregadora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación correspondente en 4 de ESO e en Bacharelato. Impón un sistema máis selectivo mediante itinerarios que condenan, prematuramente, o alumnado a optar a titulacións diferentes no ensino obrigatorio, condicionando de maneira temperá o seu futuro académico e laboral. Isto é todo o contrario ao que as e os nacionalistas do BNG defendemos sempre: que as persoas teñan o mesmo dereito e acceso aos servizos públicos independente da súa condición social ou do lugar no que vivan. Por iso o BNG ten esixido a retirada desta lei e procurar un ensino público galego e de calidade, laico e democrático”.




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



