Tódolas conferencias da serpe multicolor da LNB fan un alto na competición da liga regular para facer unha xuntanza festeira e de convivencia. Unha das citas máis agardadas pola tribu billardeira. A obrigada visita que ano tras ano, con frío ou con sol, se fai á Capela das Angustias en Xil-Meaño. Non tanto polo aberto de billarda en sí cuanto pola gran xornada festiva na que palanadores de tódolos recunchos nos encontramos para botarlle unhas cuncas, de albariño ou barrantes, segundo os gustos de cada quen, acompañados de petiscos diversos que mitiguen un poco a xenerosa inxesta da uva liquida.
A xornada deu comezo en Ribadeo, donde as oito da mañá un fato de palanadores sedentos de se fartar da brevaxe dos deuses, subiron o bus que os iba transportar cara as terras do Salnés.
Algunha parada polo camiño para recoller a outros componentes e chegada puntual a Taberna de Cancela, o noso centro operativo dende o que, logo de probalo delicioso néctar servido por Abel, damos comezo o barathon de furanchos.
O sol xunguiuse a festa billardeira lucindo no alto. Os ollos dos palanadores non lle iban a zaga e por veces, mesmo semellaban co seu brilo, querer competir co astro rei.
Entre furancho e furancho a maña pasou lixeira e chegouse a hora do aberto ca ledicia e satisfacción do deber cumprido: “Beber alomenos tres cuncas de viño para poder participar”. Disque algúns, e penso que foi a maioría, logo da quinta xa perderon a conta e por non ir cunha de menos, botáronlle outra.
Do enfrontamento podemos resaltar que os do norte en ningún momento lle perdemos a cara ó partido e si temos en conta que un alto porcentaxe dos do sur non fixeron a obrigada peregrinaxe de furanchos senón que chegaron xusto á hora de comezo do encontro, madia leva, entón podemos dicir que o fixemos moito mellor do agardado. O ano pasado trouxemos o xerro e desta volta quedou en Xil, non poidemos retelo pero quédanos a certeza e a obriga de para o ano voltar a buscalo.
A billarda por riba da deportiva competividade permítenos pasar xornadas como a do sábado en Xil, donde o de menos e gañar ou non e o de máis é a sana convivencia de homes, mulleres e nenos de tódolos recunchos, de tódalas idades e co gallo de pasalo ben.
Agora toca rematala competición, no caso da conferencia NorLeste ca derradeira xornada de Remourelle o vindeiro 12 de maio, donde se coñeceran tódolos campións de conferencia do 2013 e tódolos clasificados para as finais do 23 de maio en Marrozos, Santiago de Compostela.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
