Esta fin de semana so xogou, o equipo cadete do C.D.Foz xa que xuvenís e infantís descansaron pola semana santa. Os pupilos de Oke desplazaronse a Viveiro para xogar ante a S.D.Viveiro o domingo pola mañá no Municipal de Cembedo. O resultado foi de 1-3, con goles de Gonzalo – que anotou ante o S.D.Viveiro o seu gol nº 26 converténdose no máximo goleador do seu equipo-, Asier e Germán.
A diferencia que hai na táboa clasificatoria (1º contra 13º) non se reflexou no xogo visto durante o encontro. Os focegos despois de marcar o primer gol viñeronse abaixo e solo cando o Viveiro empatou no segundo tempo foi cando meteron unha marcha máis ata conseguir esa diferencia no resultado final.
A falta de cinco xornadas para o final o C.D.Foz cadete aventaxa en sete puntos o tercer clasificado, polo que ten a man o xogar a fase de ascenso a liga galega. Tamén aventaxa en tres puntos ao segundo clasificado máis o gol-average polo que si non fallan nestes últimos encontros poderán proclamarse campións provinciais, que para a maioría dos xogadores desta plantilla sería o terceiro título provincial consecutivo ademáis dun ascenso a Liga galega. Gran plantel de xogadores, que se merecen un pouco máis.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
