O Partido Popular da Mariña lucense coincide cos médicos do Hospital da Costa que hoxe confirmaban que o 98% dos pacientes que precisan de ingreso son tratados no centro hospitalario con sede en Burela. Esta circunstancia vén a corroborar os datos que o Partido Popular vén defendendo nos últimos anos que testemuñan que só o 2% dos pacientes son desprazados a outros hospitais e, en consecuencia, a desmentir as afirmacións falsas que facían PSOE, BNG e a Plataforma Sanitaria en relación con este tema.
PUNTO DE ENCONTRO: AMPLIACIÓN
Os populares tamén amosan a súa satisfacción polo punto de encontro entre o SERGAS e as declaracións ofrecidas polos facultativos nas que coinciden en sinalar que o actual centro hospitalario de Burela se queda pequeno e, en consecuencia, respaldan a decisión do actual Goberno da Xunta de ampliar o Hospital da Costa. Lembremos que o pasado mes, co aval do Consello da Xunta, o Diario Oficial de Galicia publicaba a licitación do Plan Director do Hospital, feito para o que destinaba 143.000 euros. A ampliación é ademais garantía do mantemento en calidade suficiente da sanidade pública da Mariña.
Os populares subiñan que na actualidade o Hospital da Costa ten capacidade suficiente para manter como mínimo a mesma cobertura de asistencia aos pacientes da que dispón na actualidade –atende o 98% dos casos- e que esta capacidade se verá incluso incrementada coa ampliación. De feito, o proxecto posto en marcha polo Goberno de Feijóo busca manter os actuais servizos e incluso amplialos, con novas dotacións.
INCOMPARABLE
Desde o Partido Popular consideran que non é acertado comparar a actividade de quirófanos do Hospital da Costa con hospitais comarcais como os de Cee, Monforte ou O Barco xa que estes últimos atenden a unha poboación, en moitos casos, de menos da metade dos que hai na comarca da Mariña lucense. As referencias que desde o PP fixeron aos hospitais comarcais nos que xa se aplica a área de xestión integrada era co único obxecto de demostrar que alí non se perderon ningún tipo de servizos ou consultas, ao contrario, gañaron novos servizos.
MÁIS COMPETENCIA E CAPACIDADE DE DECISIÓN
Finalmente desde o Partido Popular non poden coincidir con que asegura que o Hospital de Lugo absorberá ao de Burela. O Hospital da Costa continuará con plena actividade e con todos os seus servizos, nunca desaparecerá ou pechará e ademais dispón, logo da aprobación do novo Decreto de xestión, dun xerente executivo con máis funciones (agora tamén dirixe os centros de saúde) e con capacidade de decisión.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



