O pentatleta internacional Cristóbal Rodríguez clasificábase esta fin de semana para o Campionato de España de elite de equipos á espada tras obter a medalla de bronce no Ranking Nacional de equipos celebrado nas Rozas (Madrid).
Tras unha dura pugna pola clasificación para o Campionato de España de equipos, o Sala de Armas Montjuic conquistaba o pase directo tras unha boa xornada e a suma das tres mellores probas do Ranking disputadas. 96 puntos necesitou para obter o pase o equipo formado por Marius Alvarado, Cristóbal Rodríguez – o único galego no nacional de equipos, Guillem Manzanares e Albert San Feliu.
O Ranking Nacional no que tomaron parte 37 equipos estivo moi igualado nos equipos de cabeza cunha gran intensidade nos combates. Finalmente, o “SAM” conseguía o podio que compartía co Sala de Armas Madrid que obtivo o ouro, e o tamén madrileño Club de Esgrima Europeo. Rodríguez recibiu fortes ánimos dos seus compañeiros de equipo e dos seus compañeiros e amigos galegos do Centolos-Zalaeta da Coruña.
Rodríguez mostrábase contento polo pase e clasificación do equipo; aínda que non se encontrou ben tirando, dado que está saíndo dunha recente lesión que tivo lugar en Hungría ao tropezar o caballo que montaba e caerse. Aínda así, o nivel é altísimo e a rivalidade grande; polo que estar no Nacional de Elite de equipos xa é un éxito en si mesmo.