A Mariña, 13 de maio de 2013. O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reuniuse, esta tarde, en Foz, para acordar as accións informativas que a formación levará a cabo por toda A Mariña no marco da campaña ‘Non é unha crise, é un roubo’ que, segundo explicou Ana Ermida, responsábel comarcal, ten como obxectivo “informar e mobilizar ao pobo fronte ás políticas de desgoberno do Partido Popular que están a provocar cada vez máis pobreza e sumindo aos sectores produtivos nunha crise sen precedentes”.
No marco desta campaña están previstos actos informativos, mesas redondas e accións de protesta para incentivar o contacto social da organización e denunciar a destrución do tecido produtivo propio, a desfeita das ferramentas financeiras do país, o roubo aos aforradores, o desmantelamento dos servizos públicos e a destrución de emprego na comarca.
A primeira acción terá lugar mañá, martes 14 de maio, ás 11:30 horas, no Mercado de Foz, onde unha delegación de membros do Bloque repartirá material informativo e explicará aos mariñáns como as políticas de austeridade fan que a comarca acade cifras históricas de paro, os principais sectores produtivos estean entrando nunha espiral de crise difícil de superar e se estean a desmantelar os servizos públicos.
Desde a formación nacionalista insisten na importancia de que o pobo amose o seu descontento e rexeitamento ás medidas que se están adoptando desde o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza. “Saír á rúa – insistiu Ermida- converteuse no único xeito de ser escoitados e de que os dirixentes populares muden as súas políticas. As mobilizacións da pasada semana en contra da LOMCE fixeron ao Goberno adiar a reforma, e temos que seguir na mesma liña para evitar que lapiden os nosos dereitos”.
“O pobo ten que dar unha resposta social unificada ás políticas crueis do Partido Popular. É preciso articular unha rebelión organizada contra todos os gobernos que aproban seguir afundindo ao pobo para salvar á banca. A maioría social deste país está a sufrir un roubo mentres o poder financeiro incrementa as súas ganancias” – concluíu a responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



