-O programa inclúe varias actividades interxeracionais de avós e netos.
-Hai dous eventos que requiren inscrición: o Un, dous, tres, no que poden participar parellas conformadas por netos e avós; e a excursión á Semana Verde de Silleda.
Cervo, 3 de maio de 2013-Esta fin de semana dará comezo o “Maio dos avós”, un completo programa de actividades para complementar o Día do Xubilado no que cabe destacar o carácter interxeracional da meirande parte das iniciativas, nas que “buscamos potenciar os lazos entre avós e netos organizando actividades conxuntas para ambos colectivos” explica a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Os actos arrincan mañá sábado, coa estrea da obra de teatro “Apedradas”, do grupo O Bordelo, que se representará no Auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas. Unha comedia lixeira, baixo a dirección e co guión de Francisco Piñeiro, baseada na idiosincrasia galega pero cunha conexión directa coa realidade actual. Esta peza, protagonizada por dúas xeracións diferentes, convida ao público a reflexionar sobre situacións tan reais como a dun pai de familia, que despois de traballar duramente toda a súa vida vese abocado a seguir traballando para axudar aos fillos. Unha peza que atopa a súa inspiración nun caso real complementado con grandes doses de entretemento.
As actividades continúan o 10 de maio, cun obradoiro de confección de papaventos dirixido a avós e netos e que se desenvolverá na praza dos Campos a partir das 18:00 horas. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén hai preparado un evento interxeracional titulado “Retrato cos avós”, no que netos e avós poderán sacar unha fotografía xuntos. Será na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 horas.
O 24 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura, chegará a terceira edición da recreación do programa de televisión Un dous, tres, que neste caso estará protagonizado por tres parellas de concursantes conformadas por netos e avós, que competirán xuntos por conseguir os mellores premios. Aquelas persoas que desexen acudir poden apuntarse xa na Casa da Cultura. A elección dos participantes realizarase por orde de inscrición.
A estas novidades hai que engadirlles a tradicional excursión a Silleda, coincidindo coa celebración da Semana Verde, que terá lugar o 14 de xuño. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse na Casa da Cultura ou ben no teléfono 982 59 51 57. O prazo está aberto ata o 7 de xuño.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



