O municipio acolleu durante sete días un total de 15 representacións no Auditorio Municipal e na Porta da Pulida, con propostas de teatro, danza, circo, música, humor e maxia
Cariño, 19 de agosto, 2026. O Concello de Cariño pechou de xeito “satisfactorio” a XLVIII edición da Mostra de Teatro Galego, un dos grandes eventos culturais do verán en Galicia. O evento, celebrado entre o domingo 2 e o sábado 8 de agosto, deixou un total de 15 espectáculos que levaron as artes escénicas a diferentes espazos da vila, principalmente o Auditorio Municipal e a Porta da Pulida. Como todos os anos, o peche da cita vén marcado tamén polo anuncio dos premios da convocatoria. Nesta ocasión, estes recaeron nas mans de Carlos Blanco (Premio do Público na categoría adulto) e nas da Compañía Píscore (Premio do Público na categoría infantil).
Ao longo de sete xornadas, a Mostra ofreceu unha programación diversa e pensada para diferentes públicos, con propostas de teatro, danza, circo, música, humor e maxia. As funcións familiares das mañás conviviron coas sesións nocturnas dirixidas principalmente a público adulto, nunha edición que volveu apostar pola variedade de formatos e linguaxes escénicas.
Premios
No apartado das votacións do público adulto, a obra gañadora foi A Penúltima, de Carlos Blanco. As votacións desta edición estiveron moi axustadas, con todas as obras moi próximas nas puntuacións e cunha valoración moi alta, o que evidencia a excelente acollida das propostas programadas.
Pola súa banda, no apartado infantil, a obra gañadora foi Concerto Singular, da Compañía Píscore, que repite o premio da edición anterior.
Asistencia
No que respecta á asistencia dos espectáculos para público adulto, os datos foron especialmente destacados: catro das funcións rexistraron cheo absoluto. Ademais, a quinta función acadou aproximadamente o 90 % da capacidade.
No caso dos espectáculos destinados ao público infantil, a asistencia acadou o 75 % da capacidade, mantendo tamén unha importante resposta por parte das familias e do público máis novo. Estes resultados representan unha mellora con respecto á edición anterior, tanto no número de espectadores como na resposta do público. A isto súmase o incremento do 17 % na venda anticipada de bonos, un dato que reflicte o crecente interese pola Mostra e a fidelidade do seu público.
O balance desta 48ª edición deixa, polo tanto, datos moi positivos tanto no ámbito da asistencia como na valoración dos espectáculos. As elevadas puntuacións nas votacións, as capacidades acadados e o incremento na venda anticipada de bonos demostran que a Mostra continúa medrando e consolidándose ano tras ano.
Próxima edición
Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, o balance desta 48ª edición da Mostra é “satisfactorio”, destacando que “un ano máis conseguimos que o teatro e as artes escénicas ocupasen un lugar protagonista na vida cultural de Cariño e de Galicia”.
O concelleiro agradeceu o traballo de todas as compañías, artistas, técnicas e técnicos que formaron parte desta 48ª edición “que co seu talento, profesionalidade e compromiso lograron facer de Cariño o epicentro das artes escénicas de Galicia”. Do mesmo xeito, agradeceu ao público a súa participación, o seu apoio e a magnífica acollida que dispensou a todas as obras e propostas desta edición.
Balado tamén puxo en valor a variedade dos espectáculos e a resposta do público, comentando que “a Mostra permite que as familias desfruten de propostas especialmente pensadas para elas durante as mañás e que, ao mesmo tempo, pola noite poidamos ofrecer espectáculos de gran calidade para público adulto e adolescente. Esta combinación é unha das claves para que a Mostra continúe medrando e mantendo o seu carácter aberto a toda a veciñanza e visitantes”.
A organización xa pon a mirada na 49ª edición, un novo paso cara a un fito histórico: os 50 anos da Mostra, unha traxectoria que evidencia a súa importancia na vida cultural de Cariño e a súa contribución á difusión e promoción do teatro e das artes escénicas galegas.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.