Santiago, 30 de maio de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balserio amosou a satisfacción dos populares galegos logo de coñecerse que a Comisión de Pesca do Parlamento europeo rexeitou os termos establecidos no actual acordo pesqueiro con Mauritania.
O deputado popular dixo que este bloqueo –que sempre defendeu o propio Grupo Popular e a Xunta de Galicia– abre a porta á renegociación do acordo coa república africana que corrixa os termos do protocolo actual que resultan máis lesivos para os intereses da frota galega, moi en concreto, en relación coa exclusión da pesca dos barcos cefalopodeiros.
Jose Manuel Balseiro felicitou aos eurodeputados –e moi en concreto ao seu ponente, o eurodeputado popular Gabriel Mato- pola decisión adoptada e á propia consellería do Medio Rural e do Mar que, xunto ao Ministerio, “nos consta que se implicaron desde o primeiro día para defender os intereses de Galicia e, moi en concreto, dos mariñeiros que traballan nos 24 buques cefalopodeiros que, segundo os cálculos que nos trasladaron desde o sector, están vinculados a Galicia e non tiñan recoñecidas posibilidades de pesca neste caladoiro”.
MÁIS RESPONSABLES QUE A OPOSICIÓN EN GALICIA
José Manuel Balseiro, dixo tamén que os eurodeputados tiveron “máis sensibilidade e responsabilidade que as forzas da oposición en Galicia” xa que estas últimas, non quixeron apoiar unha iniciativa dos populares galegos neste mesmo obxectivo, unha proposición non de lei pedindo o rexeitamento do acordo pesqueiro e a reformulación do mesmo.
Foi en concreto, o pasado 22 de maio, cando a Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia daba luz verde a unha iniciativa impulsada polo voceiro do Mar dos populares galegos, José Manuel Balseiro, pola que se reclama aos eurodeputados españois que votasen en contra do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, como mínimo, ata que no mesmo non se inclúa a posibilidade de pesca para a flota cefalopodeira. Daquela PSOE, AGE e BNG votaron en contra, feito que agora teñen, segundo parece, rectificado.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



