O Recuncho proclámase campión da Liga de Veteranos de Viveiro 2012/2013 por diante do Gato Pardo e o Punto Galego, segundo e terceiro clasificados. Así mesmo, Mesón Lodeiro foi recoñecido como “equipo máis deportivo”.
O Recuncho sumou un total de 69 puntos, un máis que o subcampión da liga que gañou de xeito folgado na última xornada ao Mesón Los Arcos por 12 a 3 rematando a liga con 171 goles encaixados. Por riba dos 60 puntos rematou a competición regular Cervexería Punto Galego con 62, sumando tres na última xornada disputada contra A Curva.
Copa de Veteranos 2013
Os equipos viveirenses de fútbol sala veteranos están a disputar as eliminatorias da Copa de Veteranos 2013 organizada polo CFS Cidade de Viveiro. As semifinais e a final disputaranse o 6 e o 7 de xuño, respectivamente.