O I Festival de Voces Xovenes A Capela dará comezo este xoves, 30 de maio, en Foz baixo a organización da Concellería de Cultura focense. O xoves 30 a Sala Bahía acollerá, a partir das oito e media do serán, a primeira actuación a cargo da Aula Coral do IES de Foz. O xoves 6 de xuño, á mesma hora, será a quenda do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro; e o venres 14, tamén no mesmo horario, a Sala Bahía acollerá un recital da man do Coro da Escola Municipal de Música de Foz.