O Pleno Provincial aprobou cos votos a favor de PSOE e BNG, e a abstención do PP que renunciou ó debate deste asunto, novas obras en Chantada de máis de 360.000 euros, procedentes de remanentes do canon hidroeléctrico. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, destacou que “son as derradeiras actuacións con cargo a este proxecto, que se suman ás xa executadas con case 4,6 millóns de euros, coas que este Goberno Provincial liquida con preto de 5 millóns de euros esta débeda histórica que durante anos arrastrou o organismo provincial co municipio chantadino”.
Os traballos acordadas na sesión deste martes son as seguintes: certificación das obras do auditorio (68.965 euros) e mobiliario de dita dotación municipal (183.400 euros); desenvolvemento das Tic (30.000 euros); achega do Concello para as obras do POS 2012 (17.666 euros); reconstrución do muro no campo de fútbol de Sangoñedo (15.599 euros); e mellora do centro de día (46.425 euros).
Trátanse de actuacións demandadas polos veciños e propostas polo actual Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, á institución luguesa. O mesmo ocorre coas obras xa realizadas de 4,6 millóns de euros, que o anterior Rexedor acordou co organismo provincial. Entre elas, destacan a reforma do mercado gandeiro (336.000 euros); rexeneración de vías no rural (1.665.718 euros); remodelación de piscinas exteriores (472.692 euros); aforro enerxético das piscinas coa instalación de fontes alternativas solar e biomasa (155.155 euros); construción do auditorio municipal (975.000 euros); rexeneración de espazos públicos e viais (424.802 euros); dotación de céspede artificial, gradas e vestiarios do campo de fútbol de Sangoñedo (170.000 euros); ou reurbanización do polígono de Acivros, a primeira en máis de 20 anos (45.226 euros).
Acordo extraxudicial
García Porto subliñou que “con este plan de obras, este Goberno Provincial salda unha das principais débedas históricas da Deputación con Chantada, cumprindo o acordo extraxudicial que o Presidente acadou co Concello”. A Deputada fixo referencia ó convenio que o organismo provincial e o municipio subscribiron en xuño de 2008, e que establecía que a institución luguesa realizaría investimentos na entidade local por valor 4.949.408,21 euros. Esta cantidade é o resultado da resta entre 6.353.178,86 euros, montante que adebedaba a Deputación, e 1.403.779,65 euros, cifra que Chantada debía ó organismo provincial por impagos do IAE. Con este texto púxose fin a un conflito histórico que data xa do ano 1992, cando o Concello chantadino presentou un recurso contencioso-administrativo sobre a distribución do canon de enerxía eléctrica dos exercicios 1981 a 1985. A sentenza foi favorable a entidade local e, tras numerosos obstáculos e a negativa do goberno do Partido Popular a cumprir o fallo, chegouse a este convenio mediante un acordo extraxudicial.
O 97% da débeda executada
Só Chantada conta cunha sentenza favorable malia que a Deputación mantiña impagos noutros 15 Concellos con produción hidroeléctrica: O Saviñao, Taboada, Paradela, Portomarín, O Páramo, Guntín, Carballedo, Pantón, Ribas do Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos, Pobra do Brollón, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. García Porto subliñou que, ante esta situación, “decidimos, por xustiza non por obriga, saldar a débeda do canon nos municipios sen sentenza favorable, investindo outros 6 millóns de euros. Levamos executamos o 97% deste orzamento tras realizar máis de 100 actuacións, demandadas polos veciños e propostas polos Alcaldes, nestes Concellos. É dicir, acometemos melloras de case 5,8 millóns de euros, quedándonos pendentes as derradeiras obras en Paradela, O Páramo e Monforte de Lemos, para saldar a totalidade da débeda do canon tamén nos municipios sen sentenza favorable, tal e como hoxe facemos co Concello chantadino”.
Reparto rigoroso
No caso dos 15 Concellos sen sentenza, o reparto dos fondos estableceuse en base a un prestixioso traballo elaborado polo Laboratorio do Territorio do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Trátase dun recoñecido equipo de traballo encargado, dende hai anos, da redación da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación de Lugo. Neste estudo, empregáronse 9 indicadores: os 3 primeiros son os mesmos que se empregaron no informe pericial da sentenza de Chantada (superficie, poboación e potencia instalada) e os outros 6 atenden a criterios baseados en fontes oficiais como o INE ou nos datos da Deputación para outras accións como os cálculos do POS.
Lei Wert e As Mercedes
Cos votos a favor de PSOE e BNG, a Deputación aprobou outra moción do Goberno Provincial coa que esixe ó Executivo Central a retirada da LOMCE e que non suprima a materia “Educación para a Cidadanía”. O PP amosou o seu apoio á coñecida como “Lei Wert”, destacando a súa necesidades segundo o informe PISA. Ó respecto, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez replicou que “manipulan o informe PISA xa que este non di que é necesario impoñer a relixión católica como materia, ¿onde están o resto das relixións e o estado laico?; tampouco obriga a privatizar comedores, a favorecer ós colexios privados ou a segregar as clases por sexo como na época franquista. Isto non é unha lei educativa senón ideolóxica, imposta pola maioría do Partido Popular e non foi froito do consenso, sendo a primeira vez que acontece isto no ámbito educativo en toda historia da democracia, e que conta co rexeitamento de pais, sindicatos, profesores e grupos políticos”. Coa esta moción, o Goberno Provincial, sen apoio do PP, tamén esixe á Xunta de Galicia unha solución urxente para o IES das Mercedes, que xa presentou un recurso contencioso contra o decreto que impuxo o Goberno galego e que elimina ESO e BAC no centro; así como a manter o nivel de investimento nos colexios co obxectivo de garantir unha Educación Pública ós cidadáns.
Servizos sanitarios
O Pleno aprobou por unanimidade a moción do Goberno Provincial (PSOE e BNG) coa que a Deputación insta á Xunta a licitar e adxudicar de xeito inmediato Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear no HULA; así como a manter todos os servizos sanitarios durante a época estival. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, agradeceu ó Partido Popular o seu apoio “logo das sucesivas promesas incumpridas dos seus compañeiros no Goberno galego” ó respecto da dotacións destes servizos, e tras o anuncio do peche de case 200 camas no hospital lugués, que suporía que “centos de enfermos non sexan atendidos e se enchan de camillas os pasillos do HULA”.
Francisco Acal
Antes de iniciar a sesión plenaria, o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, expresou á familia de Francisco Acal, Alcalde de Baleira que tamén foi Deputado Provincial, as súas condolencia e ás da Corporación polo falecemento do veterano político lugués. Representantes do Goberno Provincial participarán hoxe nos actos relixiosos previstos.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



