O vindeiro luns 27 de maio arrincan os octavos da Copa de fútbol sala de veteranos de Viveiro co Recuncho e o Gatopardo xa clasificados para disputar os cuartos.
O luns 27 ás 20.30 h. enfrontaranse o Mesón contra Baiuca, ás 21.15 h. cofipesca – A Fonte; mentres que ás 22.00 h se medirán O. Joyeros e Fórum. Nos mesmos horarios se disputarán os partidos de octavos do xoves 30 de maio que enfrontarán ó Soho co Punto Galego, Arcos-Flanagans e A Curva – Lodeiro. Ás 22.45 h. arrincará o partido de cuartos entre o Recuncho e o gañador do partido entre o Mesón e Baiuca.
Xa no mes de xuño, o luns día 3 continuarán os enfrontamentos de cuartos a partir das 20.30 h. No primeiro partido enfrontaránse os gañadores dos encontros entre Cofipesca-A Fonte e O. Joyeros-Fórum. Posteriormente mediránse para pasar a semifinais o Gatopardo contra o gañador do Soho – Punto galego e despois xogarán o seu partido de cuartos os gañadores do Arcos-Flanagans contra os gañadores do A Curva – Lodeiro.
As semifinais disputaranse o xoves 6 de xuño en horario de 20.30 h. e 21.30 h. Os mellores destes enfrontamentos xogaranse a final da Copa de Veteranos o venres 7 de xuño ás 20.30 h. O restaurante Louzao (Area) acollerá a tradicional cea de fin de tempada e a entrega de trofeos.