Os Q de Vian cadernos, no seu número 12, editan Vattene!, terceira entrega narrativa de Alberte Momán. A presentación do libro desenvolverase este mércores 15 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Social Mádia Leva! (rúa Serra de Ancares, 18). A editorial presenta este traballo de Momán destacando que “trala desaparición de Alexander Hartdegen, o seu secretario, coidando ser beneficiario da súa fortuna, comeza unha viaxe que o devolverá á miseria máis absoluta, e pola que terá a oportunidade de coñecerse a si propio, ademais de imbuírse dun mundo do que descoñecía todo ou case todo. Créndose dono daquelas palabras de Whitman, nas que aseguraba ser o problema e a solución do problema, afonda no seu conflito interior coa fin de aniquilar ás súas propias pantasmas, que non distan moito dos medos que debe afrontar calquera individuo que comeza a descubrir a luz despois dunha cegueira prolongada. O surreal como superación absoluta da percepción humana da realidade. Eis unha historia, unha aventura que se mergulla nas miserias humanas”.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



