O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro. A comisión de valoración tivo en conta requisitos como a antigüidade, a singularidade e orixinalidade, o valor cultural e o arraigamento cultural.
A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro celébrase a fin de semana anterior ás celebracións do 25 de xullo no concello de Viveiro (Lugo). A festa celebra neste 2013 a súa edición número XVI e consiste nunha degustación deste exquisito peixe branco pescado de xeito tradicional ao anzol. A pescada prepárase de diferentes xeitos, como en prebe verde, en caldeirada ou en salpicón.
A Romaría da Tortilla de Laro e mais a Feira Franca de Pontevedra obtiveron tamén a distinción de festa de interese turístico de Galicia. Con estas novas declaracións, Galicia conta xa con 87 festas de interese turístico de Galicia, as que hai que engadir as 13 festas coa declaración de interese turístico nacional e as 6 co distintivo de gesta de interese turístico internacional.