Cervo, 17 de xuño de 2013.- O Concello de Cervo anuncia que o xoves 20 de xuño ás 13:00 horas celebrarase un pleno extraordinario no que os membros da corporación falarán dos centros de saúde do municipio como único punto a debater.
Unha sesión plenaria solicitada polos grupos da oposición, que propoñen á corporación que aprobe un acordo para instar á Xunta de Galicia “con urxencia e vehemencia para que manteña o mesmo cadro de persoal e prazas existentes nos dous centros de saúde do concello” tal e como consta literalmente na orde do día.