O BNG de Trabada amosase compracido co feito de que, por fin, pareza ver luz a reiterada promesa electoral do Partido Popular de levar a cabo, neste Concello, a construción dunha residencia de maiores e dun centro de día logo de que o seu partido puxese numerosos atrancos para que as obras non se levasen adiante.
“Son moitas as persoas maiores que, nun concello envellecido, coma Trabada, poderán beneficiarse do centro de día e da residencia, polo que, pese á tardanza coa que se afronta este proxecto, debido á paralización do mesmo pola Xunta de Galiza durante máis dun ano; considerámolo unha moi boa nova para a localidade”.
A concelleira do BNG, Mª Xosé Fernández afirmou ademais, no tocante aos devanditos proxectos que, “ no seu día, dende o noso grupo político insistimos na conveniencia de empregar os locais adicados a escolas públicas existentes na práctica totalidade das parroquias e perfectamente acondicionados con diñeiro público, aos efectos da prestación de servizos como os que se van prestar no centro de día que se instalará no centro do Concello: Coa medida que nós propuñamos considerábamos que, ademais de dar un adecuado rendemento aos investimentos xa feitos nestas escolas, os servizos a prestar nelas achegaríanse o máis posible aos veciños de cada unha das parroquias rurais que, agora, sen dúbida, verán como un problema engadido para disfrutar do centro de día que se prevé por en marcha; o ter que desprazarse a eses efectos; se ben, pese a iso, amosámonos compracidos co feito de que, dun ou outro xeito, cheguen aos veciños de Trabada servizos sociais como os referidos”.
Fai fincapé a concelleira en que o acontecido é unha mostra de que os partidos Políticos que ocupan a Deputación; PSOE e BNG, dende a que se porán 1.200.000 euros do total do 1.600.000 no que está orzamentado o proxecto; poñen por riba de todo o benestar dos cidadáns da provincia en todo aquilo no poden botar unha man, con independencia de cal sexa a cor política do municipio en cuestión.
Aproveitando a ocasión, Fernández Fernández mostrase esperanzada con que as obras de arranxo das pontes de Trabadela, derruídas por unha riada no ano 2011, sexan por fin acometidas polo goberno municipal e a consellería de medio ambiente despois das numerosas insistencias do BNG neste senso, tanto no pleno municipal, primeiro; e no propio Parlamento de Galiza, fai escasos días. “Froito de toda esta insistencia do Bloque, foi a recente adxudicación das obras de arranxo das pontes, que se levan anunciando por parte do Alcalde como inmediatas dende xa antes das eleccións municipais do 2011, e debido a desesperación da veciñanza que esta farta de anuncios por parte dos populares que nunca chegan a executarse e ante a gran necesidade de refacer as pontes, os nacionalistas agora esperamos e desexamos que a súa acometida sexa inmediata ”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



