OS NENOS E NENAS DE 4 A 12 ANOS PODERÁN DISFRUTAR ESTE VERÁN DE PATINAXE, TENIS, XOGOS TRADICIONAIS E XOGOS NA PRAIA. A INSCRICIÓN NESTA ACTIVIDADES, QUE ORGANIZA A CONCELLERÍA DE DEPORTES DE BURELA, ÁBRESE MAÑÁ, 18 DE XUÑO.
Burela, 17 de xuño de 2013. Mañá ábrese o prazo de inscrición nas actividades deste verán que organiza a Concellería de Deportes de Burela. Están dirixidas a todos os/as nen@s nad@s en Burela entre os anos 2000 e 2009 e darán comezo o vindeiro 1 de xullo. Haberá: patinaxe, xogos tradicionais, xogos na praia e tenis.
A edil Beatriz Piñeiro explica que “as follas de inscrición entregaranse no Concello desde mañá e ata o 26 de xuño. Todo aquel que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición nas datas indicadas, non poderá asistir ás actividades”.
Esta programación de verán dará comezo o 1 de xullo e rematará o 30 de agosto. A concelleira de Deportes sinala que “estas actividades levaranse a cabo no CEIP Virxe do Carme, na praia urbana e nas pistas de tenis da Marosa de luns a venres, de 11 a 12:30 horas para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 a os 7 anos e de 12:30 a 14 horas para o grupo de 8 a 12 anos”.
Beatriz Piñeiro engade que “en todas as actividades existe un número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así coma un número mínimo para poder realizalas. O grupo de 4 a 7 anos contará con 15 prazas e o grupo de 8 a 12 anos con 25 prazas. A adxudicación das mesmas farase por rigorosa orde de inscrición e en caso de quedaren prazas vacantes unha vez iniciadas as actividades, completaranse os grupos seguindo esa lista”.
Os luns haberá patinaxe, os martes xogos tradicionais, os mércores e os venres xogos na praia e os xoves tenis.